Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
"Harmonía entre culturas"

Misa multicultural e musical en Burela

Exitosa actividade exemplo do programa de divulgación do Modelo Burela de Planificación Lingüística.

Redacción - 12:30 21/03/2009

Exemplo de "harmonía entre culturas". Así o felicitaba este venres en Burela o párroco local Ramón Marful Rodríguez, quen dedicou a homilía ao Modelo Burela de Planificación Lingüística, ao abeiro do cal xurdiu a iniciativa. Un modelo de planificación do que xa lles temos contado en Vieiros, e nacido co inédito consenso entre todas as forzas políticas con representación no Concello.

Un cento de músicos puxeron o seu gran de area na misa celebrada así no mediodía do venres na igrexa parroquial de Burela, sorprendendo os veciños coa animación do evento. Segundo nos conta o profesor Bernardo Penabade, no adro parroquial alentou a xornada ao inicio a Banda de Gaiteiros da Asociación Cultural Ledicia con media ducia de pezas. Seguidamente o Grupo de Cámara dirixido polo profesor Bruno Pedre tomou a alternativa, xa no interior do templo, interpretando pezas clásicas instrumentais, mentres os fieis ocupaban asento. Continuou a Coral Polifónica de Burela, dirixida polo profesor Xesús Arranz.

Máis tarde, a Banda de Percusión Dambara, dirixida polo profesor Albano González, atronou o templo coas notas da Marcha do Antigo Reino de Galiza. A continuación, o intérprete local Antón Crego, un dos clásicos da Quenlla, xunto con Mini e Mero, cantou O Noso Pai, acompañando a voz coas notas da guitarra. Pecharía o evento unha actuación ben especial, a ducia de mulleres afro-galegas de Batuko Tabanka, interpretando ao estilo coral, e sen o seu tradicional batuko, a seguinte peza:


Ó Jesus, que estás sempre ao meu lado
no meu peito acendei a Vossa luz,
livrai-nos de todos os pecados
ajudai-me a levar a minha cruz.

Vamos todos com santa alegria
receber a Jesus com amor;
quanto mais adoremos a Jesus,
mais é digno do nosso amor.



No acto litúrxico participaron tamén con diversas lecturas nenas e nenos representantes da multiculturalidade de Burela.


4.83/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: