Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
ENCONTRO BENÉFICO

O Burela FS xoga este sábado o seu partido máis fermoso

Destinarán toda a recadación do seu vindeiro encontro á asociación Carmiña, adicada a axudar ás persoas con discapacidades.

Redacción - 19:30 26/03/2009
Membros de Carmiña, despois de xogar cos futbolistas do Pescados Rubén

Membros de Carmiña, despois de xogar cos futbolistas do Pescados Rubén

O Burela FS Pescados Rubén dá un novo paso na súa colaboración coa asociación de axuda a persoas con discapacidades Carmiña, de Burela, e anuncia que lle entregará toda a recadación do seu vindeiro partido.

Este acordo non é puntual, xa que ambas entidades manteñen un convenio de colaboración mediante o que os asociados de Carmiña contaron toda a tempada con pases gratis para os partidos do primeiro equipo, e os xogadores e xogadoras dos equipos burelás adoitan participar nas xornadas de convivencia organizadas de xeito conxunto con esta asociación.

O encontro corresponde á segunda xornada da liga de ascenso á división de honra do fútbol sala estatal, no que os burelás recibirán ao Puertollano Restaurante Dacho. Os burelás afrontan a xornada como líderes do seu grupo e reciben ao terceiro clasificado, que tamén gañou no seu primeiro partido.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: