Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Para transformar o sistema

Nace a Rede Anticapitalista Galega, a Ra!

Diversos colectivos do país e persoas a título individual únense para responder a unha crise que está "a esmagar a humanidade do planeta".

Redacción - 10:05 28/03/2009

O vindeiro sábado 28 de marzo será a data de presentación da Ra!, a Rede Anticapitalista Galega, que nace da unión de diversos colectivos do país e persoas, a título persoal, que queren traballar para xerar alternativas de transformación do sistema actual, dende unha óptica galega.

"Este sistema non nos vale"
No mesmo día que o G20 comeza a súa cimeira en Londres, membros da Ra! Xuntaranse en diversos actos descentralizados, por todo o país, e dun acto central en Compostela -ao mediodía, na Praza do Toural-, para protestar contra unha crise de "dimensión múltiples" que afecta aos pobos do planeta. As solucións que se "impuxeron dende o poder", din dende a Ra!, citando "máis libre comercio, rescate dos bancos, o sector automobilístico e o da construción con cartos públicos e a creación de máis oligopolios", non fixeron máis que agravar as cousas.

A RA! nace tamén para xuntarse con outras mobilizacións globais porque, tras o "abandono", por parte da "esquerda institucionalizada" dos "programas de transformación social", son os "movementos sociais" os que teñen que "reaxir ante esta incerteza". O sábado será a primeira das accións (baixo o lema Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente), mais o vindeiro 17 de abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveranse novas protestas orientadas a "concienciar e informar á cidadanía e a facerlle presión aos poderes políticos para que emprendan cambios reais".

Quen forma a RA!
A RA! Naceu en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Están integrados nela os colectivos Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiros Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, AIS O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.


Ligazóns

4.75/5 (16 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: