Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
FÚTBOL

A Federación Española de Fútbol nega ás mulleres o dereito a seren profesionais

MUDEGA únese a outros colectivos que protestan contra a normativa da federación estatal, que restrinxe ao fútbol masculino as licenzas profesionais.

Redacción - 18:00 30/03/2009
O fútbol feminino segue un chanzo por detrás do masculino

O fútbol feminino segue un chanzo por detrás do masculino

Un grupo de clubs de fútbol e asociacións deportivas, entre as que se atopa MUDEGA están traballando para rachar cunha herdanza histórica da normativa da Federación Española de Fútbol, que impide ás mulleres acadar unha licenza profesional. Este tipo de licenzas, da clase "P", concédense só aos equipos das tres primeiras divisións do fútbol masculino, e as mulleres xogan todas con licencias "amateur".

Isto implica que as mulleres que se adican profesionalmente ao fútbol non poden cotizar na Seguridade Social polo seu traballo real, e tampouco se poden beneficiar dos acordos recollidos no convenio colectivo para xogadores profesionais. A consecuencia directa é que a maioría destas mulleres son contratadas como teleoperadoras, comerciais, vendedoras ou persoal de limpeza; cando en realidade reciben os seus salarios polo traballo que fan no céspede.

O vindeiro mércores realizarase unha xuntanza cos diferentes clubs e asociacións deportivas en Madrid, á que acudirá a vicepresidenta de MUDEGA, Mercé Barrientos. Nesta reunión decidirase a estratexia coa que se tratará de mudar a agravio comparativo derivado do reparto de licenzas, estratexia que se baseará na incompatibilidade desta realidade coas leis existentes hoxe sobre a igualdade entre mulleres e homes. As protestas de clubs e asociacións deportivas nacen dunha reclamación comezada pola presidenta do Cáceres feminino, María José López.


4,2/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: