O albergue de As Corcerizas abre as súas portas para todas/os aquelas/les que estean interesadas/os en coñecer diversas alternativas de vida sostible ao mesmo tempo que se converte nun lugar de descanso e disfrute, dunha serra mítica, chea de lendas e historia.
Para complementar estes días de ocio e tempo libre, vos ofrecemos unha ruta guiada polo "Bidueiral de Montederramo", zona LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) dentro de Rede Natura 2000, cunha superficie de 1.948,55 ha. e de altitude variable entre os 959 m. e os 1600m.
Nesta andaina, coñeceremos un dos mellor bosques autóctonos da provincia de Ourense, caracterizado pola súa abundancia de bidueiros e o alto grao de biodiversidade que alberga no seu interior.
Identificaremos os rastros e sinais da fauna do entorno, e analizaremos as diferentes paisaxes que fan desta serra unha das máis ricas e variadas da comunidade galega.
Duración: aproximada de 6 horas con parada para comer.
Dificultade: media- alta.
Información e inscricións:
988 374 318
info@ascorcerizas.com