Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A trasladar a goberno español e Bruxelas

Feijoo di que consensuará unha lei do viño e un paquete de medidas para o sector lácteo

Na súa visita á Feira do Viño de Amandi falou tamén de introducir desde o Goberno "un verdadeiro plan de reequilibrio territorial".

Redacción - 20:00 05/04/2009

"Está en xogo a supervivencia dun dos sinais máis claros de Galiza", afirmou Alberto Núñez Feijoo durante a súa visita á Sober, onde esta fin de semana se celebrou a Feira do Viño de Amandi. Falaba Núñez Feijoo dos problemas que enfrontan os gandeiros do país e salientou ao respecto que a "busca de solucións" para garantir a "supervivencia" do sector lácteo galego será un dos asuntos prioritarios da axenda urxente do vindeiro Executivo.

Con esa fin, Feijoo anunciou que convocará en breve aos principais sindicatos agrarios coa meta de definir "un paquete de medidas" que serán trasladadas posteriormente a goberno español "e á Comunidade Europea para negociar e tratar de paliar a grave situación do sector lácteo galego". Ao fío da situación actual, Feijoo opinou que no seu momento a negociación das cotas leiteiras "resultou prexudicial para Galiza e propiciou que os excedentes lácteos de Francia invadan os mercados españois". Doutra banda, asegurou Feijoo que o PPdeG levará adiante a promesa fixada no programa electoral sobre o sector vitivinícola, e promulgará "unha lei específica para este produto".

O líder dos populares tamén argumentou sobre as necesidades dun "verdadeiro plan de reequilibrio territorial", afirmando que "nos últimos catro anos, a renda das provincias interiores decreceu respecto á da franxa atlántica". Nesa liña, falou do carácter estratéxico de sectores como o vitivinícola e o turístico, e de xeito especial, do "potencial" da Ribeira Sacra, que definiu como "un dos lugares máis emblemáticos de Galiza e un dos lugares a protexer e ensinar en Europa e no mundo”.

Para "manter a cordialidade" o PP pídelle á Xunta que non haxa máis adxudicacións


1/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: