Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PODERÍA HABER TRES LISTAS AO CONSELLO NACIONAL

A fractura entre UPG e "quintanistas" deixa aberta a Asemblea Nacional de maio

Os diferentes sectores do Bloque intensifican os contactos antes de que comece o proceso de elección dos 2.500 delegados.

R.Vilar - 15:10 07/04/2009

O BNG segue en estado líquido. Esta é a mellor definición do que ocorre no interior da principal organización nacionalista do país. Aínda que se multiplican os contactos entre os diferentes sectores, a pouco máis dun mes da Asemblea Nacional extraordinaria aínda non se pode dicir, nin moito menos, que callara un acordo. Todas as posibilidades están abertas. O día 10 de maio tanto podería haber unha candidatura unitaria como tres diferentes.

Mais antes hai por diante un intenso proceso preasembleario que vai resultar ben clarificador. O primeiro asalto é a elección por comarcas dos 2.500 delegados que  acudirán á Asemblea Nacional. A gran pregunta é se “quintanistas” e UPG van concorrer xuntos nas listas comarcais.

A UPG ponlle trabas a un posíbel liderado de Aymerich

Segundo puido saber Vieiros, o “quintanismo” quere nuclear en solitario candidaturas comarcais de delegados que apoien o 10 de maio a Carlos Aymerich como portavoz nacional. Fontes desta corrente confirmaron que cada vez son máis as voces que piden que se midan as forzas coa UPG deste xeito. Logo, en función dos resultados que se dean, estableceranse uns ou outros pactos.

Precisamente, o Comité Central da UPG analizou este luns a situación que se está a dar no BNG. Dentro deste partido hai división de opinións. Mentres que uns apostan por manter a alianza co “quintanismo” (nomeadamente históricos como Francisco Rodríguez ou Suárez Canal), outros consideran que o partido ten que sacar músculo. Sexa como for, contra o que afirman algúns medios, no seo da UPG hai reticencias a unha fórmula que lle dea a portavocía nacional a Carlos Aymerich.

Os nomes xa están enriba da mesa
Aínda que xa se filtraron nomes como os de Suárez Canal, Francisco García, Jorquera ou Fernando Blanco, dentro da estratexia da UPG hai un que gaña forza sobre os anteriores e non é outro que o de Guillerme Vázquez. Curiosamente,  o médico e concelleiro pontevedrés coincidiu no Congreso español co máximo responsábel da UPG, Francisco Rodríguez, e co líder do “postquintanismo”, Carlos Aymerich. Contra o que moitos pensan, Vázquez non ten carné da Unión do Povo, aínda que é certo que como independente sempre estivo próximo ás teses deste partido.

Por último, o Encontro Irmandiño podería propoñer a Xosé Manuel Beiras como portavoz nacional de transición. Consideran que a autoridade do histórico líder do BNG propiciaría un cambio interno e están dispostos, se non hai un acordo a tres bandas, a poñer enriba da mesa unha candidatura ao Consello Nacional, esperando agrupar á base militante máis descontenta co rumbo tomado polo Bloque nos últimos anos.

Calquera combinación é posíbel
-Tres listas diferentes:
 A UPG, os de Aymerich e os “irmandiños” medirían o seu peso real diante dos 2.500 delegados. A continuación estableceríase un pacto para a Executiva en función dos apoios recibidos. Neste escenario, os críticos de Xosé Manuel Beiras precisarían contar co voto do 30% dos compromisarios para poder entrar no máximo órgano de decisión do Bloque.

-Pacto entre UPG e “quintanistas”:

Repetiríase a alianza da Asemblea Nacional de 2006. Faltaría por saber como se distriburían as responsabilidades nesa hipotética Executiva.

-Candidatura de consenso:

Todas as forzas coinciden en que sería a mellor solución para o BNG pero agora mesmo a que semella máis improbábel. Nesta candidatura terían que estar presentes todas as forzas que compoñen o BNG mais...cal é o peso que ten que ter cada unha?


4,66/5 (53 votos)

Comentarios (41)

Raimundo #1 7/Abril/2009 Raimundo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Van seguir os da UPG... ¡Total! Levan pouco tempo de fracasos... ¿50 anos? Ou así...

maruxo40 #2 7/Abril/2009 maruxo40
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Os independentes ou quintanistas son a terceira vía que tod@s esperabamos no BNG. Por primeira vez imos saber quen é quen no BNG, sen traumas nin complexos.
Adiante co BNG!!
Aymerich Voceiro Nacional e Teresa Táboas candidata á Xunta!

filipe_diez #3 7/Abril/2009 filipe_diez
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Información completa do desacordo en http://renovarobng.blogaliza.o... Non se pode negar que a UPG fai un grande favor ao BNG, ao devolver os "posquintanistas" ao lugar político do que nunca deberían ter saído: o de constituír un novo espazo crítico, amplo e plural no seo do BNG, que sirva como referente social e aglutine o descontentamento da base militante e social, xunto coa experiencia das persoas que exerceron cargos de goberno. Ou sexa: renovarse sincera, humilde e profundamente, sen dilapidar os valiosos recursos humanos do BNG nin renunciar aos logros conseguidos, pero asumindo un novo discurso, unha nova práctica política (dentro e fora do BNG) e novas actitudes no relacionamento coa cidadanía.

Adiante o BNG da militancia!

P.S.:
Proposta de estribillo populista: "O BNG é da xente, non dos dirixentes".

Prado #4 7/Abril/2009 Prado
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Pois claro, a U debería sacar músculo presentándose algunha vez, coma tal, ás eleccións, e con Paco Rodríguez como cabeza de lista.

independencia #5 7/Abril/2009 independencia
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Isto é gravísimo.PP e Psoe nomearon candidatos ás europeas hai moitas semanas. O BNG debe ser o único caso en Europa que non ten candidato ou candidata oficial....
Quérese debilitar a esa persoa antes de comezar.Que saiba que non é importante. Que saiba que lle debe todo ao coronel Rodríguez. Que saiba que mesmo sendo máis listo ou lista terá o mesmo papel que Ana Pontón ou Bieito Lobeira. Que saiba quen lle dá de comer.

...O BNG debe nomear de xeito urxente a un/unha candidat@.

gabe #6 7/Abril/2009 gabe
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O verdadeiramente ilusionante (ao menos para min) sería que persoas como Teresa Taboas (xa sei que non ten pedigrí) deran un paso adiante e se postulasen coma alternativa. Esta si sería unha alternativa, sen vicios nen favores do pasado. Pero vai ser que non, vai ser que o que interesa e controlar o aparato, aínda que este sexa un xoguete roto, e o meu xoguete (dirán algúns). Para iso anos de noites e noites de pegadas, cartos en viaxes, recibir malas caras de veciños, etc. Se os que estades só queredes o xoguete quedarse con él, pero non o escarallar máis.
PD.- Tampouco entendo que un home coma Quintana teña que ser borrado do mapa, ás veces somos demasiados inxustos cos demais, é máis fácil e non costa nada.
PD2.- Hai deputados que levan toda a súa vida laboral no parlamento (iso é renovación?)

DanielErreCe #7 7/Abril/2009 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Totalmente de acordo con Prado (#4). Pero mentres haxa seguidismo das diferentes correntes, a UPG manterá baixo control as siglas do BNG e unha gran parte da militancia inane.

Ademais da reelaboración teórica do eixo nacionalismo-galeguismo, cómpren pasos decisivos cara a constitución dun novo Bloque como partido sen dobres militancias. Do contrario, as escisións non tardarán.

maaneskinn #8 7/Abril/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

SINXELO COMO APLICAR A NAVALLA DE OCKHAM: TOTALMENTE ACERTADO E CLARO O QUE SINALA #5-independencia.
+ CLARO= H2O

maaneskinn #9 7/Abril/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

por certo. NOn serás o mesmo Independencia que escribe nos comentarios ás columnas dos "politólogos" do XOrnal??? ; )

ecoe #10 7/Abril/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quenes postulan Táboas teñen en conta a profesión dun seu irmán? Coido qsue nas eleccións en Pontevedra sí se tivo en conta, especialmente nos barrioos periféricos.

Nin entro nin saio, mas coido qsue non é unha boa aposta.

maruxo40 #11 7/Abril/2009 maruxo40
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Grande argumento ese da "profesión dun seu irmán", e virán máis do estilo...

mansdodemo #12 7/Abril/2009 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Non o esquezamos:
O BNG É DA MILITANCIA e non dos dirixentes. Estes estarán ahí, mentras nós o decidamos.
ASEMBLEA do 10 de maio con TODOS e TODAS.

caxato #13 7/Abril/2009 caxato
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A UPG e os Quintanistas son os máximos responsables da desfeita electoral do BNG, por levar controlando a organización desde hai 10 anos e por haber negociado un reparto de poder que abrangueu tanto a organización coma o goberno na Xunta. Entre os dous repartíronse cargos e privilexios do goberno, cada un colocou aos seus, así foran inútiles ou caciques e así nos foi.
Estes máximos reponsables, queren seguir na dinámica de repartirse o que queda. A maioría dos militantes do BNG non os representa nin a UPG nin o Quintanismo, pero iso non importa.
Beiras? demasiado tarde.
Penso que teñen a última oportunidade de mirar mais alá dos seus intereses de partido ou persoais, se non o fan, moitos iremos para casa.

merexonon #14 7/Abril/2009 merexonon
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Fai falta discutir, enmendar e logo facer unha candidatura de integración. O BNG precisa a UPG, o quintanismo e o beirismo, prescindir das patas que nos sosteñen só fai que nas próximas teñamos 9 deputados en vez de 12. Máis cabeza, máis pluralismo, máis nación e máis todos.

caxato #15 7/Abril/2009 caxato
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

A UPG, o quintanismo e o beirismo non poden prescindir do resto e estanno facendo. Así tamén teremos 9 nas próximas. Máis humildade, máis pluralismo, máis democracia interna, máis autocritica, menos partidismo, menos prepotencia, menos repartos nas alturas,...

Supertamarico #16 7/Abril/2009 Supertamarico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O que é triste e que nin o partido de Nogueria, nin o PNG teñan voz na asemblea. Pero iso sí, un paso importante é ca UPG por primeira vez dende SEMPRE, non vai monopolizar o congreso, e iso é unha boa nova para este país.

maruxo40 #17 7/Abril/2009 maruxo40
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A voz de Nogueira, do PNG e doutros moitos oirase na asemblea se hai militantes que os apoien...
Deixémonos de andrómenas, outra das virtudes de que existan estas 3 alternativas é que se camiña cara unha clarificación do espectro ideolóxico no BNG... Resumindo: socialdemócratas, comunistas e altermundistas.
Ou é que imos seguir facendo das nímias diferenzas ideolóxicas (ou mesmo persoais) excusas para fundar novos partidos, colectivos, etc... Responsabilidade é o que fai falla, e deixarse de procederes tradicionais que máis parecen propios da Vida de Brian que dunha organización útil para o país.

A2b2 #18 7/Abril/2009 A2b2
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

UPja!!!!! ..... "quien te ha visto y quien te ve"!!
!

A2b2 #19 7/Abril/2009 A2b2
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Por sorte, ..... os "burros" con título, tamen teñen cabida na Dirección Nacional do BNG.

fcr-navegante #20 7/Abril/2009 fcr-navegante
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Que pasa no bloque?.....Pois moi sinxelo,o que normalmente soe pasar nos partidos politicos cando se esta no poder,so que no bloque levase dende 1982 loitando internamente.Estas loitas serian normais se a funcion primordial do bloque xa estivera cumplida,a cal non e outra que transformar o noso pais e converterse en forza maioritaria.Mais aqui prima o interes particular sobre o do conxunto,debemos darnos conta que non e o momento nin da UPG,nin dos quintanistas,...nin beiristas....E O MOMENTO DO BNG!! De ceder todos e todas,de renovarse de forma que volvamos a ilusionar os militantes,que somos o primeiro,e a sociedade,...que volvan percibir que a unica forza de cambio posible e real e o BNG.Por iso,e por mais cousas que non enumerarei....ADIANTE O BNG,O BNG DE TODOS E TODAS!!

Supertamarico #21 7/Abril/2009 Supertamarico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#17 é dicir Que carallo pinta o PNG no bloque????????????????? Iso é o que me pregunto.

basteira #22 8/Abril/2009 basteira
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Igual remata todo coma sempre. Todos somos irmáns, mais uns máis irmáns ca outros. E ademáis temos un gran irmán, (que non un irmán grande): a UPG. Mañá seguimos controlando todo, facendo probas con quen toque, e, se saen mal, xa se lle botará a culpa a quen cadre. Desde logo non a Paco Rodríguez. ¿Será el o gran irmán?

mceleiro #23 8/Abril/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto como o facebook. A ver quem tem mais colegas. Porque falar ne política, nadinha de nada.

Com que critérios votarão os 2.500 "delegados"? Aos mais guapos (e guapas)? Aos mais simpáticos? Aos companheiros de mais churrascadas?....Ai que caralho!!


Nem se analisa, nem se discute, nem se propõe. Galeuscat ou ERC-Aralar já só é questão de amiguismo, não de debate para as próximas eleições.

A deriva semelha que continua. Um novo estatuto ou qualquer avance em autogoverno, uma nova "Carta de Brest" para o século XXI, ou até a simples estrutura organizativa do país que ultrapasse as 4 províncias são utopias.

Não interesam as ideias, nem o povo, nem o país. Simplesmente um assento confortável para o cú.

petopitopato #24 8/Abril/2009 petopitopato
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Faría-lle unha pregunta a todos os militantes do BNG: ¿Despois da asamblea de maio aceptarán as conclusión que se decidan ou seguirán turrando cadaquen para o seu lado?

anacleto #25 8/Abril/2009 anacleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Quen é o irmán da Táboas?
Por certo que esta señora foi nomeada conselleira porque "tocaba" muller, pola paridade, e Quintana non daba atopado quen, e meteron a esta que non era militante do BNG, nin galegofalante, nin de lonxe...así que non se trata de pedigree, trátase de qué é o BNG e qué mínimos deben cumprir os seus cargos e representantes.

mceleiro #26 8/Abril/2009 mceleiro
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Dos três sectores referidos no artigo (há outros mais, senhores de Vieiros):

IRMANDINHOS.- Aparentam estar activos, debater e informar:
http://www.encontroirmandinho....

UPG.- Nada novo desde o congreso de Novembro de 2008 (nem sequer as conclusões):
http://www.uniondopovogalego.o...

"QUINTANISMO".- Sector "não oficial" que se supõe a direcção nacional actual. Importante decisão para as europeias, mas transparência e debate nulo:
http://www.bng-galiza.org


Que não sobra ninguém, caralho!!! A solução é aclarar as ideias. E uma vez aclaradas, transmitir-lhas ao eleitorado, e entre eles estão os próprios militantes...

Cuevillas #27 8/Abril/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Se saen as votacións cun 95% coma sempre (xeito búlgaro), quer dicir que gañará o dedo da UPG poñendo a un monicreque.
Se Paco se presentara só coa UPG (como comentou un), en vez de soviético-vermellóns, sería o "Partido de la Zarzuela". Como campaña porían a Reboiras vestido de muller (pola igualdade de "xénero"), e o sartego de Bautista Álvarez aberto (ainda vive) berrando "arriba a loita de clases" (cando eles son uns comunistas apoltronados que van en Mercedes); soando de fondo Sara Montiel. "A las barricadas" estaría proibido porque os venerados "avós" comunistas foron os que asasinaron aos da CNT na Guerra e non queda ben.
Se elixiran a Ana Pontón ou a Teresa Táboas (coa que Anxo fai as beiras e engana á muller), teriamos un goberno mononeuronal. Somentes que aquí non cabería o de "rapaza tonta, rapaza guapa", máis ben sería todo negativo, tonta e horríbeis.
E hai alguén que falou do PNG. Pois o PNG está para compensar toda a borralla comunista que hai no bloque. O PG-PNG sonche os históricos meu, e os que teñen algo na cabeza xunto aos "irmandiños, EG e o Camilo".
Eu non quero un Partido Comunista. O PCE morreu (lembro que os comunistas históricamente foron nacionalistas españois), e nen falta fai un na Galiza.
EU QUERO UN PARTIDO NACIONALISTA.

Por certo, eu prefería a Cuiña antes que un "Lister". A UPG ten feito actos na memoria de "Lister", cando este carallo non se sentía nin galego e por riba era un asasino.
Cuiña no entanto, sendo do PP, era da Raza de Breogán.

VIVA CUIÑA, VICENTE RISCO E A NACIÓN CELTA

anacleto #28 8/Abril/2009 anacleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cuevillas, Cuevillas...que pronto lle damos á língua á hora de descalificar a todo o que cheire a comunismo. Eu aos da UPG pouco comunistas os considero, só de boquilla. E con moitos feitos do comunismo non concordo, e mesmo condeno.
Pero...
Eso de que os comunistas se cargaron aos idílicos cenetistas, é mías unha lenda negra que unha realidade, a non ser que a túa biblia sexa "Terra e Liberdade" de Loach, un filme bastante maniqueo (os comunistas tiñan cara e expresión de malísimos, vaia truco barato). E Líster, sendo un home autoritario (dirixía un exército que el só armou, prácticamente), é unha simpleza, cando non unha inxustiza manifesta, calificalo de asasino. O Che Guevara, Antonio Machado e outros admirárono, pero ao mellor tamén eran asasinos. En canto que non se sentía galego, diralo ti, pois aínda que pola súa historia se sentía moi ligado a Madrid (que defendeu coma ninguén) e á República española, lembraba perfectamente e asumía as súas orixes rurais galegas.E se non, escoita entrevistas con el, que ben o testemuñan.
É un personaxe maltratado pola historia e pola lenda negra, espallada tanto polo franquismo como polo carrillismo, pero do que calquera país se sentiría orgulloso e coñecería, non como aquí, donde o noso analfabetismo histórico non ten cura.
Agora, se queres quédate con Cuiña, un héroe do fraguismo e da corrupción política, verdadeira esencia galega, e co filo-nazi Risco. Eu fico con Líster.

suso #29 8/Abril/2009 suso
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Eu acho que a desfeita das últimas eleições exige que as mudanças no BNG fossem muito mais profundas, mesmo uma completa refundação. As várias candidaturas, o feito de haver um chisquinho mais de "diversidade" é bom, mais mui, mui insuficiente. Pode servir se o objectivo é não seguir perdendo escanos e estabilizar-nos com um ou dous escanos mais, ou se quadra, nem isso. Não, o que falha não é apenas que liderem o partido os quintanistas ou a UPG. O que falha é o modelo. O modelo frentista, com um partido comunista clássico arroupado por organizações "monicreques" ecologistas, feministas, altermundistas...que lhe prestam um rosto amável ao vetusto e adusto marxismo-leninismo. Esse modelo está a fracasar por todas partes. Olhai Espanha (Izquierda Unida). Cumpre refundar o BNG como partido essencialmente nacionalista e soberanista, com uma atitude socialdemocrata. Isto é, dizer a verdade, não manter a mentira de que o BNG é uma organização operária e labrega (quando o 95% dos seus militantes são funcionários, gentes de classe méia e profissionais), assamblear (quando está dirigida por dous ou três núcleos de poder, como a UPG), etc.

antonte #30 8/Abril/2009 antonte
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Si a "U" non quere a Aymerich e os Irmandiños tampouco, debe ser o millor para representar ao BNG. Por fin os independentes se dan a valer. Esto sí pode ser o verdadeiro cambio a millor do BNG, a centralidade dentro de un nacionalismo dependente do control da UPG e de unha "contra" irresponsábel encabezada por Beiras. Os independentes deben organizarse para medrar no BNG, atraer nova militancia e facer a integración de micro grupos nesa corrente, de outra maneira é imposíbel que nada cambie. Noraboa a Aymerich.

Reboredo #31 8/Abril/2009 Reboredo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non chego a entender iso de independentes no seo do BNG. por que imos considerar a Aymerich independente? Independente do poder tal vez? Eu sempre o vin arrimandose ao poder, primeiro á UPG para ter garantizado un posto no congreso dos deputados, logo cando o perdeu arrimado a Quintana, lider mais que discutible da organización, ateque perdeu o 1 de marzo, para ver de novo a Aymerich abrindo conversas e postulandose para facer o que sabe: trepar.

carlosroca #32 8/Abril/2009 carlosroca
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Seremos quen de librarnos dos principais males do País: o individualismo, o minifundismo e o anarquismo.

Se o logramos, con unidade e xenerosidade, o BNG irá adiante, senon ficará na marxinalidade, e os verdadeiros leninistas do noso tempo triunfarán por moito tempo: O PP.

Sentidiño meus e miñas!

fredo #33 8/Abril/2009 fredo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

vaia dous cancros, Cuiña e o Lister. ¿E que xa non nos lembramos do "ilustre" Bush e do seu canciño faldero Ánsar, e aquilo de "ou comigo ou contra min"? En certo modo semella haber un paralelismo entre IU e o BNG, os dous a minguar, asoballados polo bipartidismo e co cancro do comunismo metido no seu seo. O BNG non debe estar hoxe rexido por cadros máis propios de etapas pasadas como as da guerra fría. Precisamos dirixentes novos, que cada vez que falan nos están a berrar e "reñir", o mesmiño que facía Ansar na súa última etapa. Non nos queremos dar contar que hoxe en día o BNG é o Nasty Party ou Partido Antipático do que falaba o deputado pepeiro Lassalle. Saide á rúa e falade do BNG. Oito de cada dez persoas (na mía rúa nove e pico) mándante ao carallo e mírante mal. É que nin os vellos che falan galego e por aquí vive un familiar de Beiras. Fálase moito da mocedade mais agora a mocedade vota polo PP en gran porcentaxe. Qué se fixo pola mocedade? Non hai alternativa nacionalista para a mocedade e para a cidadanía en xeral que non pase polo galego? No meu eido o galego extinguise hai tempo e por iso desfruto moito cando vou visitar a algúns parentes nas aldeas onde entras nun bar e se pode escoitar á mocedade falando galego con esa forza dos vinte anos. Forza país.

vaganian #34 8/Abril/2009 vaganian
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Nun contexto de crise como o actual as clases medias tenden a reducirse, de maneira que o centro político resulta menos decisivo nas eleccións. Ao BNG neste momento, e malia ser un partido nacionalista, convenlle paradoxicamente que o eixo do discurso político sexa o social e non o territorial. Pola súa posición e pola súa visibilidade está en disposición de facer un discurso que ninguén máis pode asumir. O ascenso de Lafontaine en Alemaña ou de Besancenot en Franza non son meros accidentes, indican unha a tendencia que esta afectando a toda Europa

pjrngw #35 8/Abril/2009 pjrngw
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Ave María purísima.

Hermanos, cada vez que hai crisis en el seno de las fuerzas del mal, hai fiesta en el cielo. Regocijémonos, pues, de las luchas internas de los rojos separatistas amigos de ETA.

Reciban mi bendición urbi et orbi.

aeitoeconxeito #36 8/Abril/2009 aeitoeconxeito
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Carlos Roca, pode que teñas razón, en parte. POr iso prégoche que te dirixas ao partido máis "ensimesmado" do bloque, á vez ue o menos BNG de todos, e os fagas recapacitar meu. Ou están con todos ou están sós, e xa saben onde está a porta. Ostiá¡¡: tanto paripé e falando con segundas: a UPG está a cargarse o BNG. Seguirán o resto de BNG consentíndoo?? Os malchamados Quintanistas, o Ei, os outros e o resto??
Xa está ben, fodas¡¡¡ Con amigos-compañeiros/as como eses.... en fin....
OU AGORA HAI INTEGRACIÓN DE TODO CRISTO NO BNG, OU ADIEU...
E O TINGLADO ESE DE "FRENTE", XA NON O CRÉ INGUÉN. PRA 4 QUE SOMOS NA PARROQUIA NACIONALISTA GALEGA, MUITO PARTIDO DE DIOS HAI¡¡¡
Claro, hai que manter os privilexios e pra iso, nada mellor que esa estrutura vertical. Por un BNG único, non + partidos¡¡

oapalpador #37 8/Abril/2009 oapalpador
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Hai que ver! Total, que ao nacionalismo galego, foros magníficos como este de Vieiros sérvenlle para ver que hai algunha xente que lle ten unha carraxe inmensa á UPG. Pois mira que ben.

Di #36 que a UPG está a cargarse o BNG. Pois ben. Pois vale. Dá igual que detrás haxa unha traxectoria de catro décadas de traballo polo país, de responsabilidade colectiva (a UPG sempre traballou polo BNG, e nunca, NUNCA, fixo o que outros fixeron, por exemplo pedindo, a véspera das eleccións, que se "botara" ao goberno).

Dá igual que da UPG fosen (segundo fontes nada sospeitosas de pro-UPG como La Voz) os 2 conselleiros máis valorados de todo o anterior gabinete de goberno. De 12, os 2 únicos da UPG eran os 2 máis valorados.

Dá igual que da UPG sexan moitas das caras do poder local máis respectadas e valoradas no país, nas súas propias localidades e incluso dentro da propia organización (Paco García, Allariz; Lores, Pontevedra; Evencio Ferrero, Carballo;...).

Dá igual que a UPG teña surtido dalgúns dos máis valiosos cadros políticos e sociais que teñen levado a ser o nacionalismo galego o que hoxe é. O traballo e traxectoria de Pilar García Negro, Fernando Blanco, Suárez Canal, Paco Rodríguez... é o que está a destruír o BNG, seica.

En fin, demasiada xenreira. Concordo por unha vez en que, por fin, este proceso porá a cadaquén ante o seu espello, demostrará o que cadaquén representa. Veremos entón as voces que aquí na rede tanto claman, construíndo as grandes alternativas que o nacionalismo precisa (algunhas xa as vimos, por exemplo, movementos pola base reducidos e auto-escindidos aos dous días).

E non, a fronte nin pode nin debe morrer. Que se vaia quen queira, pero as mensaxes que claman contra o suposto poder da UPG o único que demostran é a propia incapacidade para representarse máis que a si propios.

Acaso de verdade alguén cre de veras que eliminando o modelo de fronte iso vai implicar unha única liña de pensamento? Pero que carallo defendemos? Acaso nos partidos "tradicionais" non hai liñas e correntes de pensamento e/ou actuación (boinas e birretes, felipistas e guerristas...)? Non será tanto mellor que as diferencias sexan recoñecidas, valoradas, e ideolóxicas no canto de persoais?

A asemblea nacional do 10 de maio é unha oportunidade para o nacionalismo, pero sobre todo un reto. Que gañe a UPG, ou que gañe o beirismo, non supón que perda o BNG. Supón que a militancia terá falado e decidido cara onde quere camiñar, e haberá que respectalo. Porque a UPG, Beiras, Aymerich, tamén son BNG, e non só os independentes, deixemos xa de lado esa andrómena, e todos o son cos seus erros, que os hai, e acertos, que tamén.

fidalgogaliza #38 8/Abril/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A U fornece de sentidiño, traballo e estabilidade ao BNG. Iso non hai dúbida.
Mais cometeu un erro: o método de sustituir a Beiras, e estase a producir a vinganza, desmedida e irresponsábel.
E unha última cousa que parece que timidamente se vai recoñecendo, na U e en todas as partes: a cuestión de xénero. O BNG, meus e miñas, ten unha imaxe e un discurso masculino, sendo como é quen máis fai na praxe pola igualdade real. Grave contradicción que se debe resolver canto antes e que ten un importante custe electoral e de credibilidade diante dunha parte da sociedade.

fredo #39 8/Abril/2009 fredo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Vexamos, ata onde levou Beiras ao BNG? Ata onde o levou Paco Rodríguez e a UPG?

maaneskinn #40 9/Abril/2009 maaneskinn
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Cuevillas, fuxiches de novo??? Volta pra COnxo¡¡¡

anacleto #41 16/Abril/2009 anacleto
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O de que a UPG ten os mellores cadros, os mellores dirixentes, etc..., en parte é unha especie de lenda propagada por eles mesmos e autocumplida, xa que os postos de saída de concellos, congreso, parlamento galego, case sempre están copados por xente do partido, polo tanto malamente veremos moitas outras alternativas.
Eu penso que Paco Rodríguez foi un deputado máis ben gris, que non soubo ou non quixo tirar partido desa escasa (por forza) representación, e mira que tivo anos para facelo. De Guillerme, o home de palla de agora (el mesmo o dí, prácticamente), podemos decir o mesmo, nula incidencia como deputado. E non todo é "ocultamento" dos medios. Quen sabe, sabe sortear en parte esa hostilidade, e cando menos facerse coñecido e popular entre o seu potencial electorado desde o escano, que para pouco máis val que para darse un pouco a valer, si se sabe facelo con brillantez. Non foi o caso.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Carlos Aymerich é a baza que xogará o "quintanismo" de cara a vindeira asemblea
Carlos Aymerich é a baza que xogará o "quintanismo" de cara a vindeira asemblea
Imaxe do último congreso da UPG, que acordou presentar lista propia se finalmente non hai consenso
Imaxe do último congreso da UPG, que acordou presentar lista propia se finalmente non hai consenso
O Encontro Irmandiño intenta nuclear a toda a base crítica
O Encontro Irmandiño intenta nuclear a toda a base crítica