Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN MEIRO (BUEU)

A colleita do millo corvo, festa de interese turístico

Recoñécese a recuperación etnográfica, educativa, gastronómica, cultural e socioeconómica desta celebración que comezou hai doce anos.

Redacción - 12:00 08/04/2009
A semente do millo corvo remóntase até o 1618 (Foto: Asociación Cultural Meiro)

A semente do millo corvo remóntase até o 1618 (Foto: Asociación Cultural Meiro)

Colleita a colleita e ano a ano, a Asociación Cultural de Meiro (Bueu) conseguiu facer do popular Encontro Degustación do Millo Corvo unha festa de interese turístico. Así llo recoñece este mércores a Xunta, que destaca a "singularidade manifesta" dunha celebración na que se xuntan tradición, gastronomía e recuperación etnográfica. Alá van xa 12 anos dende que botase a andar a moa do muíño e a aldea de Meiro se convertese no centro neurálxico da recuperación dunha variedade de millo que xa só recordaban os máis vellos.

De 1618 data a implantación do cultivo deste millo escuro na zona do Morrazo, unha variedade menos valorada e que se cultivaba en terreos de pouca calidade. Mais, lonxe de desaparecer para sempre, hoxe é o protagonista dunhas actividades que culminan en marzo cunha degustación, pero que se manteñen durante todo o ano. O proceso comeza na primavera, coa sementeira, na que axuda a única parella de bois da comarca, Cavano e Gallardo. Chega despois a cava, eliminando as malas herbas, seguida da rega na época estival. Despois é o tempo da corta do pendón, a corta e empalleirado polo San Miguel, a esfollada e a debullada. A última parte do proceso é a muiñada, cando os grans de millo corvo son levados ao Muíño da Presa, de auga, e o amasado. O peche do ciclo é a celebración do tradicional Encontro-Degustación a finais do pasado mes de marzo.


Ligazóns

5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Cartel do Encontro-degustación deste ano
Cartel do Encontro-degustación deste ano
A celebración comeza na primavera, coa sementeira, na que axuda a única parella de bois da comarca, Cavano e Gallardo
A celebración comeza na primavera, coa sementeira, na que axuda a única parella de bois da comarca, Cavano e Gallardo