ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
pretendía terminar coa piratería

O Parlamento francés rexeita, por sorpresa, a lei contra o P2P

O voto en contra de dous deputados do UMP e a abstención de outros moitos cambiaron as previsións. A norma prevía deixar sen rede a quen intercambiase filmes e música con copyright.

Redacción - 18:45 09/04/2009
'Eu amo o P2P', pintado na porta dun estabelecemento de venda de filmes / Flickr: jlmaral

'Eu amo o P2P', pintado na porta dun estabelecemento de venda de filmes / Flickr: jlmaral

O Parlamento francés rexeitou, por sorpresa, o proxecto de lei do goberno de Nicolas Sarkozy contra o intercambio de arquivos vía P2P. Na lei, que xa fora aprobada polo Senado, sinalábase o dereito, por parte do Estado, de deixar sen internet -despois tres avisos vía correo electrónico e correo certificado- aos usuarios que descargasen arquivos protexidos con copyright e dereitos de autor, empregando programas e aplicacións P2P.

O voto contrario de dous deputados da Unión por un Movemento Popular (UMP), o partido de Sarkozy, e a ausencia na cámara de moitos outros, permitiu que o Parlamento rexeitase un proxecto de lei que xa se daba por aprobado. Finalmente foi rexeitado por 21 votos fronte a 15. Este contratempo obrigará o goberno a presentar de novo o proxecto, aínda que o Executivo cre que isto só ha retrasar súa aprobación unhas semanas.

O partidos da esquerda, as operadoras de telecomunicacións e os colectivos de internautas opúñanse a esta lei que, de se aprobar, había marcar un precedente en toda a Unión Europea. Algúns deputados contrarios á norma, mesmo tiñan previsto levala, no caso de que seguise adiante, até o Tribunal Constitucional, ao considerar que só un xuíz pode pecharlles aos cidadáns o acceso á rede.

Máis información nos medios franceses:


5/5 (2 votos)


Comentarios (4)

amoscaesquerdosa #1 10/Abril/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Dicían os clásicos que "a lei crea o delicto". O que está a contecer coa internet é un bo exemplo desa política que dende o poder tenta converter en ilegal aquilo que non pode controlar.
Sexa en Francia (onde Sarko, dito sexa de paso, xa manifestou que volvería á carga), sexa en España, a batalla contra o control polo Estado da "rede de redes" segué en pé. E unha esquerda que se precie como tal debería ter claro cal é o seu bando: o dos internatuas e o da liberdade contra os intereses da "mordaza".
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

descrente #2 10/Abril/2009 descrente
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sinde, já pode Vossa Excelência ir tomando nota ;) Magnífico vídeo dirigido à nova ministra: http://www.youtube.com/watch?v...

Cuevillas #3 11/Abril/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Perfecto!!! Agora todos os "progres" españois (Ana Belén, Victor Manuel, Serrat, etc.) xunto a algún da dereita estatal que ten intereses na industria musical (ou recibe comisións dela), van patalexar e choromicar.
A nova ministra "SINDEscargas" estaba agardando aos "exemplares" e ademirados franceses para facer o mesmo. Saiu mal, mágoa. O que pasa que Zapatero é un idiota: tamén agardaba a vitoria de Ségolène e a verdade está ahí.
Todo o que están a artellar comandados por Teddy Bautista, estalles a sair do revés. Os '80 e '90 acabáronse, Ramoncín.
Eu entendo que moitos artistas teñan que vivir (e poden facelo), das súas ideas. O que se necesita é máis imaxinación e traballo, máis directos e máis calidade. Máis apostas independentes...
Non é verdade que por descarregar, ninguén vai mercar cousas. Eu baixo e uso P2P coma todos, pero tamén merco discos. E quizábeis máis aínda que alguén que non ten internet.
O que non podo aturar é a proibición, o atentado ás liberdades individuais para encher de ledicia á "vanguarda do proletariado" que non quer dan pancada. Os que viven do conto, a petar nas rochas ou a limpar o monte de cara ao verán que falta fai.

Xallundes #4 13/Abril/2009 Xallundes
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Estes, teiman en vender soportes e non contidos, non se decatan de que nin sequera é polo prezo dos filmes ou música, tamén é a accesibilidade, comodidade, flexibilidade, esas cousas que son un valor engadido.
A cultura ten que ser accesible a todos, só hai que buscar o xeito. Pensando 5 minutos non é difícil.
Os que se enriquecen cas redes P2P son os fornecedores de banda larga, porque para ler "Vieiros" non preciso de conexión a 6 Mb, mais é lóxico, que con eles é mellor non se meter. Por iso, deberían acordar, crear portais de acceso a contidos, por exemplo, engadir valor á conexión, ofrecendo tarifa plana de acceso a contidos por uns euros mais cada mes.
Acceso a contidos actuais e pasados, por exemplo a un filme e/ou equis cancións cada día, aparte de libros, banda deseñada.............
Ter sistemas de "puntos" estilo prepago, eu merco 16 horas (ou megas, ou niveis, ou puntos, ou euros) de contidos, un dicir.
Mercando entradas para eventos culturais (concertos, teatro, museos), conseguir acceso a eses outros contidos, outra ideia. Eu vou para o concerto de Franz Ferninand en Vigo (un soño) e obteño 4 horas de acceso a contidos do grupo no portal........
Hai que chorar menos, ser mais imaxinativos, non pretender que os clientes entren polo aro que eles marcan, adaptarse, e pensar no que a xente quere, máis que no propio interese (lei de mercado).

Son unhas ideas tolas, mais seguro que eles teñen profesionais cualificados que poderían empregar 8 horas, un día, para pensar algo mellor. Se os galegos gastaban uns euros en cds hai poucos anos, seguro que os gastarían por eses servizos, agora os gastan en internet.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: