Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cabeza de lista do nacionalismo

A executiva do BNG propón a Ana Miranda para o Parlamento Europeo

De ampla experiencia en política internacional e cunha longa traxectoria de traballo nas institucións europeas, liderará o Bloque na próxima cita coas urnas.

Redacción - 19:20 13/04/2009

Ana Miranda será cabeza de cartel do BNG cara aos comicios europeos. Así o decidiu a executiva nacional do Bloque este luns, nunha proposta que aínda deberá recibir a beizón das asembleas comarcais da formación o vindeiro día 18 e a continuación ser avalada polo Consello Nacional o sábado 25 de abril.

Á carreira final polo liderado chegaban os nomes da propia Miranda e o de Xavier Vence, profesor da Universidade de Santiago, que finalmente non se postulou como candidato. Deste xeito, chega así finalmente o consenso sobre o liderado de Ana Miranda na cita electoral do próximo 7 de xuño, á que o BNG irá na coalición Europa dos Pobos, á beira de ERC, Aralar ou EA, entre outros.

Ana Miranda é avogada, especializada en Dereito Comunitario e Internacional, con estudos na Universidade de Lovaina. Na actualidade é voceira do Bloque en Bruxelas e tamén vicepresidenta do Partido dos Pobos de Europa-Alianza Libre Europea. Entre os anos 1999 e 2004 foi responsábel técnica e asistente parlamentar do eurodeputado do BNG Camilo Nogueira. É membro do Consello Nacional e responsábel da súa Comisión Nacional de Migración.


4.33/5 (27 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: