O presidente do PP vasco aposta por apoiarse nos socialistas para recuperar o dominio do ente onde actualmente gobernan os jeltzales co apoio dos de Patxi López.
Antonio Basagoiti
O presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti, afirmou este venres que é preciso un cambio na deputación de Araba, onde actualmente goberna o PNV co apoio do PSE-EE. Basagoiti dixo que en Araba "debe haber un cambio" porque, segundo el, "a Deputación está absolutamente desaparecida do mapa político e non está en ningunha iniciativa que sirva para que o territorio funcione".
Basagoiti fixo estas declaración nunha entrevista concedida a TVE, adiantando tamén que confía en pechar un acordo "no que se poida cambiar a Deputación Alavesa". Dixo contar con entenderse sobre este tema co secretario xeral dos socialistas vascos e candidato a lehendakari, Patxi López.
Liberdade condicionada para Patxi López
Sobre o futuro goberno de Euskadi, que estará liderado por Patxi López co apoio do PP, Basagoiti respecta que os socialistas "teñen todo o dereito do mundo a conformar o seu Goberno, a establecer o seu estilo á fronte do executivo". Aínda así, puntualiza que o Partido Popular esixirá "que se cumpra o acordo" firmado polos dous partidos.
Basagoiti dixo que a mudanza de política en Euskadi "era o que importaba", e por iso apoiaron a pretensión de López de converterse en lehendakari. Sobre este aspecto dixo que "puxémonos de acordo niso e eu quedo conforme con que as políticas cambien, logo el que poña os conselleiros e directores xeras que lle pete. Eu non os vou medir nin polo seu nome nin pola súa militancia, senón polo grado de cumprimento do acordo que firmamos".
Os fachas queren todo... Hai que loitar!!!
jaja o basagoite..que cara de parvo ten o pobre..tenho un amigo de donosti e están cos colhóns de garabata..en euskadi vaise liar unha gorda...