Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
RECOLLERANO O 24 DE MAIO

Mini e Mero, merecido Pedrón de Ouro

A fundación salienta o traballo que Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias veñen realizando dende 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral.

Redacción - 13:15 17/04/2009

Xosé Luís Rivas e Baldomero Igrexas, máis coñecidos como Mini e Mero, veñen de ser distinguidos co premio Pedrón de Ouro 2009 polos esforzos e o traballo que realizan dende hai 36 anos para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galiza. Así mesmo, a Fundación do Pedrón de Ouro outorgou o Pedrón de Honra 2009 á filóloga rumana Mariana Ploae-Hanganu, polo seu "labor de difusión" da lingua e literatura galegas no seu país.

Tanto Mini e Mero como Mariana Ploae-Hangagu recibirán os seus respectivos premios o 24 de maio, nun acto literario que se celebrará ás 12:30 horas na Casa Museo de Rosalía, en Padrón.

Formaron parte da formación orixinal de Fuxan os Ventos, que abandonaron en 1982 para formar A Quenlla. Dende 1972 veñen traballando na recuperación de cancións populares e do patrimonio oral galego. Este labor de recuperación foi especialmente fondo nas comarcas da Terra Cha, de onde proceden, nas zonas de Boimorto e Mesía, onde son mestres e residen, e na zona da montaña lucense. Para difundir este patrimonio de todos recollido durante décadas Mini e Mero manteñen un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego, que permitirá acceder a unha completa base de datos dentro dun ano. É coñecido o seu compromiso e activismo con multitude de causas, tanto a defensa da lingua galega, a recuperación da memoria histórica ou a protección do medio natural; este compromiso lévaos a participar en actos organizados por todo tipo de asociacións e colectivos, por pequenos que sexan.


4.75/5 (28 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O 8 de setembro de 2007, Mini e Mero interpretaron o Himno de Galiza aos pés da tumba de Manuel María