Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Publicación da USC

A medicina xa conta co seu primeiro vocabulario en galego

Ten máis de cinco mil entradas con equivalencias en portugués, inglés, castelán e latín.

Redacción - 18:00 21/04/2009
Acto de presentación

Acto de presentación

O servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) elaborou un vocabulario galego de medicina que contribuirá a fomentar o uso da nosa lingua nesa profesión. O manual, no que colaborou a Consellaría de Sanidade, levou máis de cinco anos de traballo.

O principal obxectivo do Vocabulario de Medicina será facilitar a tarefa de falar e escribir sobre esta disciplina en galego, tanto a quen ensina como a quen se forma na titulación. A presentación do libro tivo lugar na mesma aula da Facultade de Medicina onde hai cen anos se graduara Castelao.

O volume terá unha tiraxe inicial de seis mil exemplares, que se comezaron a distribuír de balde nos centros docentes e entre os profesionais do eido da saúde. Segundo explicou o coordiador da obra, Xusto Rodríguez, tamén pretende "facilitar a integración lingüística do alumnado de fóra de Galiza que vén aquí a estudar" e de "pór en circulación terminoloxía viva que aínda non estaba ben integrada no léxico habitual manexado polos profesionais da medicina".

Consta de 5.393 entradas en galego, acompañadas das súas equivalencias en castelán, portugués, inglés e latín, pertencentes a 13 materias médicas. Para facilitar o traballo de busca terminolóxica, conta tamén con catro índices de denominacións nos outros idiomas.


5/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: