Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nova orde de concertos educativos

O Goberno saínte confirmou a supresión das axudas para as escolas que segregan por sexo

Os sindicatos advírtenlle ao novo executivo que este avance "non pode ter marcha atrás".

Redacción - 09:00 22/04/2009

Ás portas do cambio de Goberno culminou un proceso aberto hai case un ano, despois de que Vieiros denunciase a existencia de centros educativos concertados que separaban a nenas e nenos en aulas diferentes.

Finalmente, e tal e como lles avanzamos en xaneiro pasado, a Consellaría de Educación publicou unha nova orde de concertos educativos que estabelece a imposibilidade legal de que, se os centros queren seguir recibindo cartos públicos, realicen este tipo de segregación. A decisión foi confirmada esta mesma semana, nunha comunicación enviada aos centros, con data de 17 de abril, pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa en funcións, e xa no treito final do curso escolar onde os colexios abren novo período de matriculacións.

Desde o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) felicitan o cambio legal e recordan as mobilizacións realizadas durante os últimos meses para modificar esta situación, unha das últimas fronte á sede da propia consellaría e baixo o lema "Por unha sociedade non sexista:eduquemos en igualdade: Non a segregación, si á coeducación".

No mesmo sentido aplauden o paso dado polo bipartito desde o sindicato Comisións Obreiras, felicitando que se lle puxese fin "a unha situación anacrónica". Ao fío, apuntan que a norma non nega a existencia deste tipo de centros pero si que se manteñan con diñeiro público "Se se sosteñen con cartos públicos terán que cumprir as mesmas condicións de admisión de alumnado que os centros do sistema público", subliñan. De paso, advirten de que este avance non debe ter marcha atrás e avisan de que se oporán "a calquera proposta ou medida que vaia en dirección contraria".


4.63/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: