Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
DELITOS INFORMÁTICOS

Ofrecen até 25 mil euros por un antigo modelo de teléfono móbil

O Nokia 1100 podería ser modificado por piratas informáticos para suplantar identidades e efectuar transferencias bancarias.

Redacción - 13:30 23/04/2009

Un antigo modelo de teléfono móbil de Nokia, o 1100, estase a cotizar moi alto entre coleccionistas. Ofrécense até 25 mil euros por este teléfono. O valor do aparello débese a que se cre que, unha vez modificado, o teléfono se pode usar para cometer transferencias ilegais de contas bancarias.

Piratas informáticos ofrecen esa cantidade económica polo móbil, que unha vez modificado podería usar o número de teléfono doutra persoa, o que lle permitiría recibir mensaxes SMS que algúns bancos usan para autenticar a identidade dos seus usuarios. Esta modalidade úsase, sobre todo, en países como Alemaña.

Segundo explicou Sean Sullivan, asesor de seguridade da empresa finlandesa F-Secure, a Computer World, varios teléfonos poden ter o mesmo número dunha rede de telefonía e, polo xeral, o derradeiro en activarse será o que reciba as mensaxes SMS.

Porén, Nokia nega que ese teléfono, que saíu á venda en 2003 por menos de 100 euros, teña algún fallo de software que permita ese tipo de actividades ilegais. Do modelo fabricáronse máis de 200 millóns de unidades.


4/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: