Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
INSCRICIÓN ANTES DO 1 DE MAIO

Cursos de verán de lingua e cultura galegas para estranxeiros e españois de fóra de Galicia

Do 2 ao 30 de xullo de 2009 en Santiago de Compostela.

Filoloxía Galega na UB - 14:30 27/04/2009

O fin primordial dos Cursos será darlle ao alumnado a oportunidade de familiarizarse coa lingua galega e coa realidade sociocultural de Galicia. Amais das clases teóricas e prácticas de lingua, están programadas leccións sobre literatura, historia, xeografía, arte etc, así como excursións e visitas a lugares de principal interese cultural e paisaxístico de Galicia.

Impartiranse os seguintes niveis: Elemental, Medio, Curso Superior de Filoloxía Galega. O importe da matrícula é 200 €. Ofrécense bolsas.

Inscrición e máis información no sitio do ILGA.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: