Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Histórico acordo

Bolivia e Paraguai pechan un conflito territorial de case 75 anos

Evo Morales e Fernando Lugo rubricaron, en Bos Aires, unha histórica demarcación limítrofe, pendente dende o fin de la Guerra do Chaco, hai 74 anos.

Redacción - 09:00 28/04/2009
No acto, Morales e Lugo con Fernández de Kirchner

No acto, Morales e Lugo con Fernández de Kirchner

Ante a presenza da mandataria arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, nun acto na Casa Rosada de Bos Aires, os presidentes de Bolivia, Evo Morales, e Paraguai, Fernando Lugo, asinaron unha histórica demarcación limítrofe, pendente dende o fin da Guerra do Chaco, hai 74 anos.

"É un día transcendental e histórico para Bolivia e Paraguai", destacou Morales, ao celebrar a fin da diferenza fronteiriza que mantiñan ámbolos dous países dende a guerra que se desenvolveu entre 1932 e 1935, e que deixou máis de 100 mil mortos. Este conflito desencadeárase polo control da rexión do Gran Chaco, na que se supuña debía haber grandes reservas de petróleo. En xuño de 1935, os gobernos de Bolivia e Paraguai acordaron unha tregua, que formalizaron no 38 en Bos Aires, asinando o Tratado de Paz, Amizade e Límites.

"Paraguai e Bolivia teñen un destino de grandeza que hoxe comezamos a compartir. Para que nunca máis na nosa América as apetencias externas nos enfronten, aprendamos a extirpar os receos que danan as nosas relacións", declarou, pola súa parte Lugo. Fernández de Kirchner, polo seu lado, instou a "ter memoria", non para "quedar atrapados", senón "para non volver repetir vellos erros", sinalou.


3.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: