Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
100 días de Obama na Casa Branca

O difícil está por chegar

Perto do 70% dos estadounidenses confía no seu novo presidente, 14 semanas e dous días despois de tomar, en plena tempestade, o temón do país.

F. A. - 12:00 29/04/2009

Fox News: Obama Marks 100th Day in Office Amid Outbreak
A canle de televisión conservadora repasa os 100 primeiros días de Obama, que se cumpren esta cuarta feira marcados polo brote de gripe porcina.

Washington Post: Assessing Obama's First 100 Days
O diario da capital recolle nun vídeo da súa canle no YouTube as opinións de varios cidadáns sobre os 100 primeiros días de Obama.

Time:
Where The 100 Days Rule Comes From
Dende o semanario estadounidense recordan que a tradición de avaliar os 100 primeiros días de mandato dun dirixente poderíase remontar a Napoleón, mais nos EUA foi co presidente Roosevelt que se fixo costume.

Chicago Tribune: What's in a number?
O ensaísta político Stanley Kutler cuestiona nun artigo de opinión a 'tregua' dos 100 días e insinúa certa hipocrisía por parte dos medios.

Huffington Post: 10 Achievements You Didn't Know About
O xornal progresista preguntou aos demócratas de dentro e fóra do Goberno cal eran as medidas levadas a cabo pola Administración Obama que destacarían. O Huffington Post recompila dez.

Houston Chronicle:
Obama's first 100 days have fast start, tough tests ahead
O editorial do periódico texano gaba sen complexos o comezo do mandato presidencial dos demócratas, aínda que recorda que "non sempre ha ser tan doado".

CBS News: Grading Obama's First 100 Days
Dende a CBS propóñenlles aos lectores unha enquisa temática para que valoren os '100 días' de Obama.

The New York Times:
100 Days: How Does He Compare?
O diario neoiorquino publica un blog onde se comparan os 100 primeiros días de Obama cos de algúns dos seus predecesores.

ABC News: Inside the Obama White House
A ABC ofrece, ao igual que outros medios do país, unha galería de fotos inéditas destes primeiros 100 días de Obama na Casa Branca.

Los Angeles Times:
The test of a leader or a journalistic 'Hallmark holiday'?
Os correspondentes en Washington do segundo periódico estadounidense de máis tirada consideran que para Obama a auténtica avaliación "non será dos 100 primeiros días, senón dos 100 seguintes -e dos 1.000 de despois".


Ligazóns

4.2/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: