ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Feijoo enlea coa normalización

En materia de lingua, cumprimento da lei malia os "desacordos puntuais"

"Somos demócratas e galeguistas", insistiu o presidente que prometeu seguir usando o galego nas intervencións públicas malia que permitirá que conselleiros e deputados do PP usen a lingua que queiran.

Redacción - 17:45 30/04/2009



O Consello da Xunta desta quinta feira trouxo o nomeamento doutro golpe de altos cargos do novo Goberno. Dos que permanecen sen designar do organigrama deseñado polo PP, un deles é a propia Secretaría Xeral de Política Lingüística. Recordámoslles que este departamento, liderado na anterior lexislatura por Marisol López, dependía co bipartito do propio presidente da Xunta, un modelo elixido baixo a vontade de traballo "transversal" que nesta área prometera no seu momento a coalición de socialistas e nacionalistas. Desta volta, Política Lingüística volve a integrarse, como en etapas anteriores, na Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria.

No cerello de declaracións expostas nas últimas semanas polos líderes do PP en materia lingüística, o presidente da Xunta achegou este xoves a recomendación aos deputados do seu partido de mellorar o galego no caso de que o precisen malia convidalos a usar nas súas intervencións públicas galego ou castelán. "Propoño que usen calquera lingua, pero sería bo e moi razoábel que perfeccionasen o galego se é que hai algunha dificultade puntual", comentou.

Por outro lado, Alberto Núñez Feijoo afirmou que no seu momento consultará co conxunto das forzas políticas e asociacións o borrador do novo decreto sobre o galego no ensino que elaborará a Consellaría de Educación. Malia a derrogación do actual, considerado pola comunidade educativa un significativo avance, asegurou que o seu goberno vai "protexer e fomentar o uso do galego, dentro da liberdade lingüística". "Pido respecto polos que queremos falar galego e os que queren falar castelán", dixo, insistindo en que o idioma "debe ser sinal de respecto e tolerancia".


4,6/5 (10 votos)


Comentarios (32)

seganho2 #1 30/Abril/2009 seganho2
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Un meu amigo dí que o idioma galego é a máis natural, ecolóxica, democrática e fermosa criazón do xénero humán. Unha obra de séculos, non imposta, non inventada, non ensaiada nen filla de interese, e só por iso debera ser amado e protexido. Pero qué saberá iste?. E a ver como sal do entullo en que a sua demagoxia o ten metido.

Dixo ben Camilo Franco, o idioma ou é e esta na escola e é materia obrigada ou non é. E menos leria.

O resto, isa parvada da cordialidade...pero é que hai algún caso de que algunha criatura na escola que non o sabe nen entende sexa ignorada polo seu mestre ou mestra?. Maxinan iso? Probe ser humano o tal mestre ou mestra, non? Cren iso?. Pra qué raio precisa unha norma cautelar que protexa isa criatura? Tuda a gente profesora debera estar ofendida e en pé de guerra contra a estupidez. Non pra defender o país. Pra impedir a estulticia.

fidalgogaliza #2 30/Abril/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non o desprecedes, que o conto évos moi grave. Acaban de pasar o rubicon da españolización da administración galega. Ou nos unimos, deixando as nosa leiras e lerias particulares, ou estamos mortos, o galego suicida que subiu ao PP pode arrastrarnos na caida e ficaremos mortos nos e eles, o galego do autoódio e o galego da dignidade...e Aznar e Aguirre aplaudindo, Rajoy e Feijoo dandose un bico nos morros ledos de terse liberdado por fin en todos os sentidos, do galego e das súas represións... por suposto despois deste efímero minuto serán eles os seguintes.
Parece apocalíptico pero factíbel.

ANGR #3 30/Abril/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

"Somos demócratas e galeguistas". Soa como se uma cousa não englobara à outra.

Que vergonha. Que desgraça.

O 17 DE MAIO TOD@S A COMPOSTELA!
O 17 DE MAIO TOD@S A COMPOSTELA!

Jogamo-nos demasiado

luaminguante #4 30/Abril/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

pois,amiguiños ,non abonda con falar na rede;eu paso o dia en activo,collendo firmas(sempre levo enriba algunha folla),animando,quitando complexos aos nenos,desmentindo a GB cos seus propios videos,ou conseguindo xente para un bus o 17.E dificil pero vale a pena.GB contaba con que como sempre, íamos deixar mexar por nos;ata eu ,do mesmo abraio, fiquei uns dias paralizada; pero xa esta, xa pasou,a defendernos sen complexos,que os enemigos do galego non os teñen(e os deberian ter).Fagamos piña e non nos ataquemos entre nos,que hai enemigo COMUN e as nosas discusions son o seu abono

cidadan77 #5 30/Abril/2009 cidadan77
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pregunta: cal é a xustificación do PP de volver meter Política Lingüística en Educación? (perdón pero non sei se vén no programa do PP porque non o lin)

tinho #6 30/Abril/2009 tinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O que pretende fazer o pp e enganar a nossa sociedade co velho truco de repetir umha e mil vezes a masma mentira, tamem os nazis diciam-lhe a os xudeos cando entabam na camara de gas que ibam a desinfeta-los, o sr feijoo nom pretendera tamem desinfecta-lo nosso bem querida lingua? por desgracia eu penso que sí

volvebreogan #7 30/Abril/2009 volvebreogan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

que vas falar tí en galego, se es castelán falante a cotío que vive no mesmo barrio ca min e fala SEMPRE en castelán..meu deus...voltaremos a represión linguística dos poderes en castelán?

chegaliza #8 30/Abril/2009 chegaliza
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

que os irmáns ésten unidos, esa é a lei primeira
teñan unión verdadeira en calquera tempo que fóra, porque se entre eles peléxanse, devóranos os de fóra.
a resignacion é un suicidio permanente.

O 17 DE MAIO TOD@S A COMPOSTELA!!

fidalgogaliza #9 30/Abril/2009 fidalgogaliza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#4. Non so concordo, dou palmas e salto de ledicia, eis o camiño...

Roquinho #10 30/Abril/2009 Roquinho
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Se busca unha lei de consenso, xa a ten, o actual decreto é case un calco da normativa aprobada no 95 por Fraga co respaldo do PSdeG e BNG, e ademais conta co respaldo dos concellos escolares e coas asociacions de pais e nais. Feijoo non cre no consenso pola lingua, prefire botarse ó monte cos de Galicia Bilingüe, utilizando para elo os votos da metade dos galegos, que dubido que lle votaran para iso.

beco #11 30/Abril/2009 beco
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

17 de maio, tod@s co galego, en Compostela.

Retrincos #12 30/Abril/2009 Retrincos
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Eu vexo a este home un tanto ambiguo. Cando fala para os medios maximalistas ten un discurso brutal. Cando chega aquí modula, porque realmente o que dí son burradas sobre a situación do galego(son xeneroso no calificativo), e sábeo por moito que viva dentro dun mundo de opusinos e demais. Ten medo de que GB e entorno deixe de apoialo e lle remova a pequena direrencia coa que governa? Ten medo de que este discurso agresivo mobilice de tal xeito ó persoal que tamén faga abanear o seu governo? Eu penso que sabe de sobra que se lle ven unha movida gorda por moito que os amigos da Voz tenten silencialo. Vexo a xente de diferentes correntes e incluso ideas moi quente có tema do idioma, e a Frijolito un pouco entre a espada e a parede.

EVAZSOU #13 30/Abril/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Mas que ambiguidade: burros, são burros... como nos enganaram com essa pinta de ténicos e caras sérias...

Mas não é que não queiram falá-lo... e que nem sabem. Nem dão para um mal galego, mas espantam em castelão, e de inglês ou francês nem cantigas infantis...

e de que saberão? porque já não acredito nada.

e estes mediocres e ignorantes são os que nos vão quitar da crise?

Apanhados estamos... num ano estão os seus votantes pedindo para volver Touriño...

acarondosil #14 30/Abril/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Todos unidos contra os que queiran atacar a nosa lingua. Con xente como luaminguante e outros que andan por aquí a cousa non pode saír mal.

maragota #15 30/Abril/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O problema son os "nosos" xornais. Se facedes hoxe un percorrido pola prensa galega danlle credibilidade a dúas mais encapuchadas que denuncian a persecución dos seus fillos por seren castelan falantes.
Os de Falacia Bilingüe son fáciles de desacreditar polo seu vitimismo, porque viven nunha Galiza onde se instaurou o terror, as súas esaxeracións como a das mais encapuchadas... Isto é unha das cousas que hai que facer notar.
Nótese que esta xente non ten o mesmo discurso na prensa galega que na de Madrid, porque obviamente o público non galego pode crer o que todos os galegos saben que é mentira. Á xente que le a Voz hai que lle lembrar as falacias do Mundo. Gloria Lago dixo nese medio que no seu centro aos rapaces que falaban castelán os demais lle chamaban facha. Nótese que ela traballa en Vigo.

Cobillon #16 1/Maio/2009 Cobillon
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Señores de Vieiros:

Propoño que fagamos unha porra:
Cantos pensades que o próximo Secretario Xeral de PL vai ser un "pringao"?
Cantos pensades que o próximo SXPL será un "trepa" que utilizará o galego?

Fagan as súas apostas, señores

OBSERVADOR #17 1/Maio/2009 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

A Academia Galega (AGLP) acaba de ser reconhecida como interlocutora ao mesmo nível das máximas instâncias académicas portuguesas (ACL) e brasileiras (ABL) DIANTE DOS ORGANISMOS OFICIAIS DE TRÊS PAÍSES (Portugal, Brasil e Espanha).

A norminha da RAG não é oficial nem sequer na Galiza. Porém, a escrita Comum internacional sim é oficial, tanto em Portugal quanto no Brasil. E agora as falas galegas, e portanto, OS FALANTES GALEGOS, estamos INCLUÍDOS nesse conjunto.

Quer dizer, os galegos vimos de SER CONSIDERADOS FALANTES LUSÓFONOS, membros da Comunidade Lusófona mundial.

Isso implica que na escrita deve ser usada a norma Comum para a transcrição das nossas falas. O que quer dizer que o da normativa é COUSA SUPERADA. A ver se o pessoal se vai dando conta...

Acabou isso de «"galego" e "português" são línguas diferentes».

Acabou a RAG. RIP. Kaputt. K.O. C'est fini. Acabou-se.

Já está bem de tanto silêncio sobre este assunto. Se fôssemos como o PP estaríamos a dar-lhe a máxima importância.

Agora o debate está exatamente onde tinha que ter estado sempre: NOS USOS SOCIAIS DA LÍNGUA. E estes "novos" inquilinos do governo regional estão a definir-se CONTRA OS USOS DO GALEGO.

DanielErreCe #18 1/Maio/2009 DanielErreCe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que falen en inglés!!!

xabre #19 1/Maio/2009 xabre
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

"Somos demócratas e galeguistas" Sí, claro, Frijolito, e eu Agustina de Aragón. Conformábame con que foses demócrata.

bertus #20 1/Maio/2009 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois que non falen galego no parlametiño, así quitan a carouta. Mais se é por descoñecemento, coma din, logo hai un claro caso de ilegalidade.
Hoxe escoitei falar á Conselleira de Sanidade pola radio galega e non era que soubese falar con algo de xeito o... o castelán!

forxas #21 1/Maio/2009 forxas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A cordialidade é uma argalhada hegeliana, quer dizer, dos poderosos.Estimação excesiva do consenso. Logica do amo e do escravo. O meu filho de cinco, o ano e meio de escola em Viveiro não aprendeu castelhano, desaprendeu o galego. Agora vive na Catalunha e mais fala os tres, anda co inglés e mais co sotaque portugués que aprende dos filmes DVD.Viver en galego na Galiza , pura sobrevivência.

galegasenprexuizos #22 1/Maio/2009 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O 17 de maio en Compostela como ten que ser

Cuevillas #23 1/Maio/2009 Cuevillas
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Ten coidado co que dis, "Alberte", que está a espreitar Gloria Lago. Mira que che deu moita prensa e votos nas cidades!!!!
Isto é o de sempre: "Deus é bo pero o demo non é malo". O 17 en Sant-Iago

asdf #24 2/Maio/2009 asdf
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Pois para mellorar que empece el, que boa falta lle fai. Por certo, o tal Feijóo non foi o que dixo que de cativo o pasara moi mal porque no recreo obrigábano a falar en galego? Por eso o fala tan ben agora... mi madriña!

Gaviotero #25 2/Maio/2009 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo -8 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #26 2/Maio/2009 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Galiza bilíngue! Queremos que a gaivota cague em galego (mesmo em galleguiño)

ANGR #27 2/Maio/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#25: Pois claro que quereis liberdade. Liberdade de mercado, paifoco.

ANGR #28 2/Maio/2009 ANGR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Gaviotero, estamos contigo:

語言上的自由 !!!

Benchoseiv #29 2/Maio/2009 Benchoseiv
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Mister GAVIOTERO:Poderia chamarlhe HIJO NATURAL em mais de uma ducia de idiomas,pro; nâo tem calidade nem pra tal cousa dizerlhe.
Ninguem que vái pra negures.

joseantonio #30 3/Maio/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Soa a colonialismo puro e duro. Ide a gobernar un país e falarlle nun idioma que no sea o seu. Non temos vergoña como pobo e así vai.

[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Vivimos nun país esquizofrénico. Os de Galicia Bilingüe que reclaman a liberdade lingüística son os menos democrátas no eido lingüístico. Son o claro exemplo do autoodio. Como se pode presumir de ser galego cando se odia un dos signos de identidade de Galiza, que é o seu idioma. Dicir que o castelán está persiguido en Galiza soa risa. Os membros de Galicia Bilingüe son un claro exemplo do complexo de inferioridade que senten algúns galegos por selo, a mellor forma de agochar a súa orixe galega e eliminando un dos sinais de identidade do país como é a lingua. Se están tan incómodos co galego que non o falen pero que non tenten que a administración se faga á súa medida. O Estatuto de Autonomía deixa moi claro que a lingua propia de Galiza é o galego e así debe ser. A administración debe afirmar este principio estatutario e a partir do galego engadir a aprendizaxe do castelán, lingua do estado e o inglés, lingua franca internacional.
Verbo dos conselleiros son membros dun goberno que ten unha lingua propio que é o galego e nela deben aparecer nas súas comparecencias públicas. Porque eles deben dar exemplo de compromiso coa lingua.

mandacaralho #32 3/Maio/2009 mandacaralho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Carallo!, pois a conslleira de sanidade, que agora non para de falar, faino nun español castizo engaiolante. No lembro un conselleiro tan alleiro coma ela.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: