O programa presentado polo candidato socialista, Carlos Príncipe, funciona xa en cidades coma Barcelona ou A Coruña e, segundo o voceiro socialista, permitirá reciclar o 70% do lixo. Tamén evitará que este sexa incinerado e os malos cheiros. O candidato socialista asegurou que a própria Xunta de Galicia e as Organizacións Ecoloxistas así como a Comisión Europea aproban o proxecto.
Carlos Príncipe, candidato socialista ó concello vigués,
presentou un novo proxecto para tratar os residuos sólidos coma
unha alternativa para o que actualmente realiza Sogama.
Segundo este proxecto o reciclado do lixo sería dun 65 a un 70%
e todo elo, sen ter necesidade de recurrir á incineración.
No proceso do tratamento, os restos dos alimentos convertense en
compost. Este abono, consiguese a traves dunha fermentación sen
aire e, dela obtense o biogas, un producto que complementa o
reciclaxe e cuio alto contido en Metano facilita a sua
transformación en enerxia electrica. A segunda fermentación, na
queparticipa o aire, asegura a calidade do abono. Para realizar
todo o proceso se precisan unhas instalacions pechadas, o que
elimina o cheiro. As augas resultantes do proceso e a limpeza das
instalacions, trataranse nunha instalacion biolóxica.
Tamén as industrias veranse beneficiadas, xa que os elementos
procedentes da recollida selectiva, serán levados a unha nova
pranta ubicada nas mesmas instalacións e, na que tras efectuarse
unha selección poderanse reutilizar.
Esta proposta cumpre, segundo Carlos Príncipe, tres
requisitos imprescindibles. Melloras económicas, ecolóxicas e
de creación de emprego.
O custe para o tratamento do lixo, sairialle ós vigueses por
2.400 pesetas e, xeraría 150 novos postos de traballo directos.
A proposta do aspirante socialista enfrontase deste xeito á
efectuada polo Conselleiro de Política Territorial Xose Cuiña.
Esta proposta foi calificada por Príncipe de beneficiosa tan só
para os grandes grupos eléctricos e, de seren altamente
contaminante ademáis de cara para os viciños de Vigo.