ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMEAZA DE PECHE

A Gentalha do Pichel, "problema colateral" para o PP de Compostela

O centro social debe recadar 10 mil euros nun mes para instalar un elevador para persoas con discapacidade e acadar a licenza municipal.

Redacción - 18:30 13/05/2009

O centro social compostelán A Gentalha do Pichel abriu unha campaña de recadación de fondos para evitar o seu peche. O seu lema é "10 mil euros para calar a boca do Conde Roa", pois consideran que o político do PP de Compostela está a manter unha cruzada para pechalo. Felizmente, cren que o van conseguir grazas á solidariedade da xente.

Segundo explicou Eduardo Sanches Maragoto, socio do colectivo, o problema xurdiu en febreiro, a raíz dos conflitos que se produciron durante a manifestación de Galicia Bilingüe, en plena precampaña electoral. Daquela, o Grupo Popular no concello compostelán acusou varios locais da cidade de ter promovido eses disturbios.

Entre os acusados estaban a Gentalha do Pichel e a Sala Nasa, que alugara as súas instalacións para organizar unha festa a prol da liberdade dos presos independentistas e que tamén se converteu en alvo das críticas da oposición compostelá contra o goberno do BNG e do PSdeG, "usando estes locais como pretexto".

Deste xeito, presionaron o goberno municipal para que pechase os locais alegando que carecían de licenza. "Cando hai moitos locais da zona vella sen licenza", explica Sanches Maragoto. Para superar ese trámite, precisan facer unhas reformas, a máis custosa instalar un elevador para persoas con discapacidade, valorado en 10 mil euros. A metade dese diñeiro deberíase recadar en tres días e o resto no prazo dun mes.

O centro social abriu unha conta para recadar fondos, e parece que está a ter éxito. Os primeiros cinco mil xa están case conseguidos grazas a un "movemento de solidariedade enorme", mesmo hai xente "que adiantou diñeiro". Hai esperanza porque "non dubidamos que vamos conseguir ese diñeiro ao final de mes".

A Gentalha non se queixa de que se lle dese un prazo curto para recadar os cartos. "O concello seguiu os trámites normais. O problema real é que o PP está a facer oposición a través deste asunto. Somos un problema colateral", asegura Sanches Maragoto. "Estamos nun proceso de recesión no Estado en termos de liberdade que nos está afectando. Non é un caso illado".

Non houbo tempo de organizar un acto de recadación de fondos, pois o mes de maio está a ser de moita actividade, mais "temos claro que vai haber que agradecerllo á xente dalgún xeito", porque "calar a boca de Conde Roa non ten prezo".


4,95/5 (21 votos)

Comentarios (9)

ecoe #1 13/Maio/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Há ser TODO O RETROFRANQUISMO PEPEIRO, non só ese tipo.

Teñen que ir establecendo a CRIMINALIZACIÓN de todo o que esté fóra do bloque posfranquista, parte moderada do improgresismo pesoísta ou mesmo da fracción cavernícola á que porteñen os roas e CÏA.

curdomelidao #2 13/Maio/2009 curdomelidao
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Heheheh... mais val tarde ca nunca..
=;P
Força gentalha!

manuelgz #3 13/Maio/2009 manuelgz
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

a aportar!

subela #4 14/Maio/2009 subela
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Veño de sentir un corte radiofónico de Conde Roa no bloc da Gentalha que parece sacado do mesmiño NODO

cultureta #5 14/Maio/2009 cultureta
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

tod@s somos pichelir@s!!

Conde Roa nom vai parar o trabalho de base neste país!

Avante com a Gentalha do Pichel!

cultureta #6 14/Maio/2009 cultureta
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

*queria dizer "picheleir@s", claro

amoscaesquerdosa #7 14/Maio/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Mentres tentan legalizar obras de certo afamado constructor xa sntenzadas polos tribunais, buscan por tódolos medios ilegalizar e pechar os locais e as actividades que saen do seu estreito sistema.
Un día é a Nasa, outro a Gentalha do Pichel... e así, continua a represión.
solidariedade activa xa!
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

Xabi1 #8 14/Maio/2009 Xabi1
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

O PP compostelán leva unha tempada apañando vontades para ver se nas elecións saca máis votos e governa o Concello compostelán.

Mais agora, se non estou errado, o Concello é do BNG e do PSOE.
Ao mellor estaría ben preguntar-lles a estas dúas forzas políticas de Progreso as razóns para se poñeren firmes diante de Conde Roa.

galeguzo #9 14/Maio/2009 galeguzo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bem falado, Eduardo!

"O concello seguiu os trámites normais. O problema real é que o PP está a facer oposición a través deste asunto. Somos un problema colateral", asegura Sanches Maragoto. "Estamos nun proceso de recesión no Estado en termos de liberdade que nos está afectando. Non é un caso illado".

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: