Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INICIATIVA INTERNACIONALISTA

Impugnarán a candidatura ás europeas na que participa Ferrín

A avogacía do estado e a Fiscalía Xeral acúsana de estar relacionada con membros de Batasuna.

Redacción - 10:15 14/05/2009

A candidatura Iniciativa Internacionalista-La Solidaridad entre los pueblos será impugnada tanto pola Avogacía do Estado como pola Fiscalía Xeral, ao acusala de ser contaminada por membros de Batasuna. Os servizos xurídicos do Estado entenden que a candidatura (na que participan, entre outros, o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín e o sindicalista Xan Andrés Carballo Rodríguez) defrauda a aplicación da sentenza que ilegalizou Batasuna en marzo de 2003.

En declaracións concedidas a Europa Press Méndez Ferrín cualificou esta impugnación como "un atentado contra os principios máis elementais da liberdade", e sobre o tema da impugnación dixo que "non lle consta nin lle deixa de constar". Cualificou a posíbel impugnación como unha "monstruosidade dende o punto de vista democrático" e dixo que ao impedirlle a unha persoa concorrer a unhas eleccións " aténtase contra un dereito civil fundamental".

Aproveitou tamén para criticar o papel dos dous principais partidos do estado (PP e PSOE) que cualificou como "dúas caras da mesma moeda". O líder da FPG defendeu que a Iniciativa Internacionalista nace coa idea de defender "o dereito dos pobos á autodeterminación" e "vías de carácter anticapitalista" para saír da actual crise económica.


4.67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: