Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ACCIÓN CONXUNTA

Blogues pola lingua apoiará a manifestación da Mesa

O colectivo integrado por máis de 200 bitácoras volverá pendurar na rede o sábado un texto común, desta volta versos de Victoriano Taibo.

Redacción - 11:45 15/05/2009

A rede de blogs a prol da defensa do galego Blogues pola lingua, da que xa forman máis de 210 bitácoras, prevé celebrar o Día das Letras cunha acción conxunta. Na véspera da data, o sábado 16 de maio, as persoas participantes "combaterán a ignorancia con poesía", publicando en todos os blogs catro versos de Da vella roseira, de Victoriano Taibo.

Así mesmo, a rede fará un apoio explícito á manifestación convocada o domingo pola Mesa pola Normalización Lingüística e adhírese ao Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego.

Entre os blogs que participan na iniciativa están o de Manolo Bragado, director de Xerais; os dos escritores Xabier P. Docampo e Marta Dacosta ou o do debuxante Kiko Da Silva. O colectivo, creado hai un ano, pretende ter continuidade alén do 17 de maio.


4.18/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: