Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'ANTIGAS PARA CATRO MORTOS', XOSÉ SOUTO

Catro poemas para pechar as feridas abertas polo franquismo

O libro foi escrito a comezos dos 90 e reflicte o sufrimento das catro nazóns que viviron a guerra civil, exemplificado en Bóveda, Lorca, a vila de Gernika e Lluis Compayns.

Redacción - 11:50 18/05/2009
Sesto diante dun retrato seu feito por Laxeiro (clic para ampliar)

Sesto diante dun retrato seu feito por Laxeiro (clic para ampliar)

A pasada semana presentouse na galería Sargadelos de Pontevedra o libro de Xosé Sesto Cantigas para catro mortos, editado pola CIG Migración e a Federación Galega de Asociacións de Emigrantes. O libro foi escrito por Sesto a comezos dos anos 90 e consta de catro poemas adicados cada un deles ás nacións que mutilou a guerra do ano 36. Para ilustrar ese sufrimento utiliza figuras reivindicativas de cada un destes pobos como son Alexandre Bóveda, Lluis Compayns, a vila de Gernika ou Federico García Lorca.

Antes da súa morte (no ano 98) Sesto pediu que a obra, escrita orixinalmente en galego, fose publicada nas catro linguas do estado. Agora cúmprese a súa vontade gracias ás traducións de Juan San Martín e Edorta Jiménez (euscaro), E. Losada (catalán) e o seu fillo Farruco Sesto (antigo ministro de Cultura e vivenda venezolano) ao castelán.

Autor dun limiar histórico
Alén do seu traballo gráfico, Sesto destacou polo evocador limiar do libro de Xerardo Álvarez Gallego Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda. Nesta obra evoca as últimas cinco horas de vida de Bóveda, e afirma que malia ter o permiso do xuíz militar para ser enterrado coa bandeira galega, os militares impedíronllo polo que el pediulle á súa moza (e posterior muller) que confeccionara unha pequena bandeira que gardaría no chaleco ensanguentado de Bóveda.

Outro fillo máis do exilio
Xosé Sesto era fillo dun funcionario de facenda que colaborou con Perfeito Feixoo da coral Aires D'a Terra, da que pasou a formar parte toda a familia de Sesto, xunto a Castelao, Bóveda e Blanco Porto. Participaría na fundación da revista pontevedresa Acción e tamén colaboraría con Logos e Cristal. Estudiou artes, especializándose nas artes do libro. A nivel político participaría na fundación do Partido Galeguista, antes de fundar, con Vicente Risco, Direita Galeguista.

Exiliouse, durante o franquismo, a Venezuela onde se asentaría como restaurador, chegando incluso a designarlle a recuperación da acta de independencia deste país. Despois da caída do réxime franquista, alternou a súa residencia entre Venezuela e A Coruña, até o seu falecemento, no ano 1998.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Fresco da Capela de San Antón pintado por Xosé Sesto (clic para ampliar)
Fresco da Capela de San Antón pintado por Xosé Sesto (clic para ampliar)
Portada do libro (clic para ampliar)
Portada do libro (clic para ampliar)