No cemiterio compostelán de Boisaca, onde está soterrado Ramón Piñeiro, o secretario xeral dos socialistas galegos avogou por recuperar o consenso lingüístico.
O líder do PSdeG-PSOE, Manuel 'Pachi' Vázquez, reivindicou este domingo o labor a favor do galego que desenvolveu Ramón Piñeiro no seo do grupo parlamentario socialista e criticou o "oportunismo" e a "irresponsabilidade" de Núñez Feijóo no ámbito da política lingüística.
Nunha homenaxe diante da tumba da figura do galeguismo histórico, Vázquez destacou "o compromiso con Galiza" que presidiu toda a súa traxectoria "política e intelectual".
Así mesmo, Vázquez avogou pola "restauración do consenso" entre todas as forzas políticas para, así, "avanzar no consenso na sociedade", ante a situación de "ameaza directa" na que asegurou que se atopa o idioma. "Só así se poderá salvar o galego", advertiu, tras o que engadiu que é "necesario" pechar a "fenda" na sociedade que o PP abriu "no final da pasada lexislatura", segundo denunciou. "Hai que poñer a lingua fóra do combate político", reiterou.
Se pelo teu partido fosse, a língua estaria fora que combate político e qualquer outro.
Cala a boca, falso.
Pois menos mal que está Pachi Lopez, polo menos fala galego, e non unha Laura Seara, Losada ou semellante...
Perdoa, Supertamarico, pero Pachi Vázquez NON fala galego. Fala menos galego que Touriño, fala un "galego" bastante peor que o de Touriño, que xa é dicir. O que fala Pachi Vázquez é un castelán deformado que fai pasar por galego.
Outra cousa é se ten que ler nun papel un texto que outros lle escribiron en galego, porque supoño que el nin sentado nunha mesa, con tempo e con libros ao lado é capaz de escribir unhas cantas frases nun galego aceptable.
#3 Fala Vázquez un galego auténtico, bastante mellor que o de Touriño!.
La prensa. No nos engañemos.
No dan la misma cobertura a la movilización de ayer, que a cualquier comunicado o movimiento de Galicia-bilingüe.
Las cifras de manifestantes que dan O Faro de Vigo, La voz y el correogallego, son clarísimamente con tendencia a la baja. Cuando dieron la cifras de manifestantes de Galicia-bilingüe fueron muy generosos. Por que fan iso????????
Onte concentrémonos 200 persoas diante da casa de Galicia, nas ramblas de Barcelona, sei que houbo concentracions noutros cidades, como London e Ansterdam.
O PP ataca a semente...
MALDITO O DENTE QUE COME A SEMENTE.
Teixugo power go go go xD (non o digo por mal que conste)
A CIG destapa a existencia de tratos de favor a empresas vinculadas ao PPdeG
Edición xeral
Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos
Edición xeral
"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas
Edición xeral