Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Na súa residencia en Montevideo

Falece o escritor uruguaio Mario Benedetti

Tiña 88 anos, e padecía unha longa enfermidade que terminou coa súa vida.

Redacción - 07:30 18/05/2009
Tags:
Mario Benedetti

Mario Benedetti

O escritor uruguaio Mario Benedetti faleceu na noite do domingo (hora galega) na súa morada de Montevideo, tras padecer unha longa doenza, segundo informou o secretario persoal do literato en declaracións á cadea de radio do país sudamericano, Espectador.

O novelista e escritor finou aos 88 anos de idade. Nos últimos días, o seu estado de saúde era delicado. O ano pasado tivera que ingresar varias veces nunha clínica por problemas derivados da súa doenza.

Poeta, narrador, dramaturgo e ensaísta, Benedetti naceu en Paso de los Toros (Uruguai), en 1920, e relacionouse axiña cos movementos da esquerda latinoeamericana, que marcaron a súa comprometida obra. O seu traballo mereceu o Reina Sofía de Poesía Iberoamericana en 1999 e, dous anos despois e tras superar unha doenza cardíaca, tamén recibiu o premio iberoamericano José Martí e, en 2005, o Premio Internacional Menéndez Pelayo. Benedetti tamén foi nomeado Doutor Honoris Causa polas universidades de Alacante (Valencia) -onde hai unha un Centro de Estudos Iberoamericanos co seu nome- e de Valladolid (Castela e León).


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (4)

amoscaesquerdosa #1 18/Maio/2009 amoscaesquerdosa
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Un dos mellores escritores do pasado século, comprometido para que "en mi país a xente viva feliz anque non teña permiso" alén da propia virtualidade da relación de parella.
Seguiremos adiante...
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com

molondron #2 18/Maio/2009 molondron
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

COMPROMISO, COMPROMISO, COMPROMISO. O que resume o existir literario deste home excepcional.´
Animádevos a lelo e descubrirédelo!!!

baltar69 #3 18/Maio/2009 baltar69
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

fai casi dez anos, baixo a luz magnífica dun 31 de decembro e recostado á sombra da estatua ecuestre de bruno mauricio de zabala, pontificaba do papel de benedetti na política e renegaba da simpleza dos seus textos. tiña eu a panza chea logo dunha pantagruélica incursión nos asados do mercado do porto e a norteña en botellas de a litro empezaba a pasar factura.
qué sería de benedetti sin o exilio madrileño, preguntaba á miña acompañante para iniciar a disertación sobre o papel dos que se quedaron, dos que sufriron cárcere e miseria e dos que traballaron arreo para sacar adiante as súas familias e levantar os seus negocios.
benedetti era un producto da industria do entreteñemento, de prisa e dos seus tentáculos, que pouco tiña que ver co uruguay vivo e dolarizado que pululaba enrededor: cas hectáreas replantadas de aucalipto a veira da interbalnearia, ca riqueza cárnica das estancias de rocha, co porto do buceo e o barrio de pocitos, co wtc e as torres náuticas desaparecendo fugaces mentras a brisa entraba polas ventanas do coche lanzado polas ramblas do litoral repletas de paseantes con termo baixo do brazo que se sentían protexidos pola ríxida estructura da embaixada dos usa.
uruguay, país moderno e avanzado en educación e economía liberal, non podía arrolincarse nas hábiles construccións gramaticales do de paso de los toros, reliquia de outros tempos xa pasados como ese amor desmedido e terno de tantos anos con luz lópez.
bla bla bla. e a plaga galaico criolla educada na universidade da república e na ort aplaude que por fin alguén de europa non esté luxado por ese virus tastabexo da industria culturaleira e achega datos de crecemento, de benestar, de riqueza que sepultan ós persoaxes de don mario no pozo do olvido.
pero dez anos depois un decátase de que todo aquelo era mentira: os datos estaban trucados, a inxeñería financieira mantiña en pé xigantes con pes de barro e o papel da pequena república non era máis que o de ser tapón do desenrolo rexional e cabeza de ponte do neoliberalismo que acabaría con batlle chorándolle a duhalde e a blancos e colorados pedindo árnica.
e neses derradeiros dez anos a imaxe sempre serea de amable de mario benedettí non deixou de estar en ningún momento do lado de aqueles que pretenderon unha mellor américa e un mellor mundo para todos: non cexou frente a cuba nin nos peores momentos á forma de saramago, apoiou a chávez en venezuela e foi quen de plasmalo desengaño con tabaré vázquez.
ahora, no momento da súa falta xa definitiva, debo pedirlle perdón o seu recordo por ter volto contra el a miña airada palabrería e recoñecerlle méritos que oxalá algunha vez poda ver en mín, por mui minimizados que se presenten.
marchouse o fin martín santomé das nosas vidas e dende xa todos estaremos un pouco maís soios.

alboiando #4 18/Maio/2009 alboiando
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

poeta do compromiso... e viceversa

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: