Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Revista de prensa

Polo dereito a vivir en galego nos diarios estatais

Os xornais do Estado tamén recollen a noticia da manifestación deste domingo, sinalándoa como a primeira organizada pola sociedade galega "contra a nova Xunta".

Redacción - 12:20 18/05/2009
A noticia en La Vanguardia, onde fan referencia ás manifestacións de 'Nunca Máis', dicindo que esta tiña moitos protagonistas comúns

A noticia en La Vanguardia, onde fan referencia ás manifestacións de 'Nunca Máis', dicindo que esta tiña moitos protagonistas comúns

A manifestación que percorreu as rúas de Compostela este domingo, tamén tivo un seu sitio na prensa estatal, mentres na galega ocupou as primeiras planas, con imaxes dos manifestantes, e as primeiras páxinas, con crónicas que dan contra do acontecido na capital, durante unha histórica mobilización en defensa do galego.

Sen coincidir co adxectivo de "histórica", na prensa madrileña tamén dan conta da magnitude da manifestación. O xornal Público sinálaa como "gran manifestación contra a nova Xunta", explicándolles aos seus lectores que foi "unha das primeiras propostas do presidente conservador" a que provocou que "os galegos que pretenden normalizar o uso do seu idioma saíran á rúa". Nesta liña, despois de sinalar os lemas que se berraron polas rúas da cidade vella, e na ateigada, por dúas veces, Praza da Quintana, na nosa lingua, destacan que os "grandes ausentes" foron os membros do "PSOE galego".

No tamén madrileño xornal El País (na edición Galicia) fan unha extensa crónica da manifestación, especificando nunha información á parte por que non asistiron os socialistas galegos, describindo o acto de homenaxe a Piñeiro que desenvolveron no cemiterio de Boisaca, a poucos quilómetros do núcleo da mobilización. Noutros xornais fanse eco das reaccións do presidente do Goberno, Alberte Núñez Feijoo, e nos máis conservadores céntranse en destacar a posición do BNG ou dos movementos "contrarios" a asociacións coma Galicia Bilingüe. A esta asociación tamén se refiren no xornal catalán La Vanguardia, lembrando a mobilización que protagonizara en febreiro, "moito menos concorrida".

Algunhas ligazóns ás noticias aparecidas na prensa estatal:


5/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: