Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
EN TRIACASTELA

Galegos de hai 30 mil anos

Un equipo da Universidade de Compostela estuda na Cova Eirós os restos dos primeiros Homo sapiens descubertos en Galiza.

Redacción - 09:30 19/05/2009

A Cova Eirós, en Triacastela, é o único enclave do país en que se pode estudar a transición entre os derradeiros neandertais e os primeiros humanos modernos. Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC e do Institut Català de Paleocologia Humana i Evolució Social de Tarragona consideran que o xacemento é o primeiro do país onde se constata a presenza de Homo sapiens, hai uns 30 mil anos.

Os estudos permiten coñecer os modos de vida e a subsistencia daqueles seres humanos no Paleolítico medio. Ademais, as novas datacións amosan que a cova estivo ocupada xa nos inicios do Paleolítico superior, no período Auriñaciente, que coincide coa chegada dos primeiros humanos modernos a Europa dende África. O xacemento lucense sería o máis occidental da Península Ibérica.

Ademais do estudo dos homínidos da época, os restos atopados na Cova Eirós permiten coñecer fauna extinta do Pleistoceno Superior, como o rinoceronte lanudo ou os osos das cavernas.

O profesor Ramón Fábregas, que se atopa á fronte do equipo, expresou a súa confianza en obter resultados nas vindeiras intervencións, mediante "a realización dun programa de datacións cunha técnica, a OSL, que pode atinxir centos de miles de anos" para coñecer información sobre a ocupación nas covas galegas.

A Cova Eirós, en Triacastela, é o único enclave do país en que se pode estudar a transición entre os derradeiros neandertais e os primeiros humanos modernos. Investigadores do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC e do Institut Català de Paleocologia Humana i Evolució Social de Tarragona consideran que o xacemento é o primeiro do país onde se constata a presenza de Homo sapiens, hai uns 30 mil anos.

Os estudos permiten coñecer os modos de vida e a subsistencia dos neandertais do Paleolítico medio. Ademais, noutro nivel, as novas datacións amosan que a cova estivo ocupada xa nos inicios do Paleolítico superior, no período Auriñacense, que coincide coa chegada dos primeiros humanos modernos a Europa dende África. O xacemento lucense sería o máis occidental da Península Ibérica deste tipo.

Ademais do estudo dos homínidos da época, os restos atopados na Cova Eirós permiten coñecer fauna extinta do Pleistoceno Superior, como o rinoceronte lanudo ou os osos das cavernas.

O profesor Ramón Fábregas, que se atopa á fronte do equipo, expresou a súa confianza en obter resultados nas vindeiras intervencións, mediante "a realización dun programa de datacións cunha técnica, a OSL, que pode atinxir centos de miles de anos" para coñecer información sobre a ocupación nas covas galegas.

Segundo explicou Fábregas, as escavacións aínda están nunha fase moi preliminar, polo que non se atoparon restos óseos humanos, mais si ferramentas que permiten relacionar a ocupación da cova cos citados períodos paleontolóxicos. Na cova descubríronse dous niveis de ocupación distintos, o dos neandertais e o dos humanos modernos, "posibelmente separados por miles de anos".

Porén, as características do solo galego non permiten contar con restos óseos de moita antigüidade. Sería "unha sorte" atopar algúns na Cova Eirós. De feito, segundo explicou Ramón Fábregas, acábanse de descubrir na zona oriental da provincia de Ourense restos humanos de sete mil anos de antigüidade, que serían os máis vellos que se coñecen en Galiza, de arredor do comezo do Neolítico.


5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: