Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COOPERACIÓN TRANSFRONTEIRIZA

Bota a andar o Clúster galego-portugués da moda

Vigo acolle este xoves unha xuntanza dos empresarios do téxtil das dúas beiras do Miño, que asentarán a iniciativa que agrupa a máis de cinco mil empresas.

Redacción - 12:40 21/05/2009

Dar a coñecer en toda Europa o potencial do sector téxtil galego-portugués. Este é o obxectivo que, de partida, se marca o Clúster transfronteirizo da moda. Empresarios das dúas beiras do Miño xúntanse este xoves en Valadares (Vigo) para asentar os alicerces desta nova entidade, que agrupará ás maiores empresas da eurorrexión.

A Confederación de Industrias Téxtiles de Galiza (COINTEGA) representa a un milleiro de empresas e achegará 16.200 empregados e unha produción valorada en 2,3 millóns de euros. A súa homóloga portuguesa, a Associaçao Textil e Vestuário de Portugal (ATP) ten outras catro mil empresas rexistradas no norte portugués (que representa o 80% do total) e conta cunha facturación de 5,3 millóns de euros.

Con este proxecto preténdese compartir as estruturas industriais coas que xa conta individualmente cada mercado e complementar as diferentes vertentes nas que o téxtil galego e o portugués están especializados. Mentres os galegos son especialistas no coñecemento e xestión da imaxe de marca, no deseño e nas canles de distribución, os portugueses teñen maior experiencia na innovación de tecidos ou na capacidade de produción. Agora, sumaranse esforzos para ser máis competitivos de cara ao exterior.

Máis información na noticia anterior: Galiza e Portugal, coligados no sector téxtil


Ligazóns

4.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A Unión Europea achega 440 mil euros á iniciativa da creación deste clúster transfronteirizo
A Unión Europea achega 440 mil euros á iniciativa da creación deste clúster transfronteirizo
A posta en marcha deste clúster permitirá fortalecer o sector e ser máis competitivo de cara ao exterior
A posta en marcha deste clúster permitirá fortalecer o sector e ser máis competitivo de cara ao exterior