Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
WEB 2.0

Feijoo posiciónase "contra a imposición" no Facebook

O presidente da Xunta deixa clara a súa opinión sobre a "liberdade lingüística" na rede social, coa aprobación de máis de 130 persoas.

Redacción - 12:30 21/05/2009

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, non deixa dúbidas sobre a súa postura con respecto á lingua. Ou, cando menos, a persoa encargada de actualizar o seu perfil en Facebook. Así, a súa última mensaxe de estado na rede social, publicada o luns, di literalmente "Contra a imposición e en favor da liberdade lingüística".

Este comentario recibiu a aprobación de 131 das súas 3.843 amizades, e 109 comentarios, moitos deles na liña doutros que se poden ler no taboleiro do presidente do Goberno, aínda que tamén outros críticos. Entre os primeiros, "decepcións" polo nomeamento de Anxo Lorenzo e expresións predemocráticas moi na liña das que se poden ouvir nalgúns medios de comunicación madrileños, como "Vascongadas".

Outras das persoas que comentan no perfil de Núñez Feijoo son supostos pais e nais de crianzas traumatizadas por teren que soportar o ensino dalgunhas materias en galego e que enxalzan o labor de Galicia Bilingüe.


4.27/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: