Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Cheney sinala que Bush non autorizou torturas

Obama mantense firme na súa decisión de pechar Guantánamo

O mandatario dos EUA garantiu que segue coa súa intención de fechar a prisión, mais tamén de loitar contra o terrorismo.

Redacción - 09:00 22/05/2009
Pintada contra Guantánamo / Flickr: burge5000

Pintada contra Guantánamo / Flickr: burge5000

O Presidente dos EUA, Barack Obama, garantiu esta quinta feira que continúa empeñado en fechar a prisión de Guantánamo, mais tamén en loitar contra o terrorismo. "Creo, con todas as fibras do meu ser, que non podemos manter este país seguro a non ser que usemos o poder dos nosos valores máis fundamentais", afirmou.

Obama respondía así ás críticas, tanto do conservadores coma do seu propio partido, que recusaban darlle fondos para fechar a base, na ausencia dun programa detallado para o facer. Nesta liña, o mandatario estadounidense tamén recalcou a necesidade de "limpar a confusión" deixada pola Administración Bush. Nesta liña, tamén asegurou que o obxectivo da súa Administración é "obter o equilibrio xusto entre a transparencia e a seguridade nacional".

Cheney acusa Obama de crebar a seguridade nacional
Poucos minutos despois da comparecencia, ante os medios, de Obama, o ex vicepresidente dos EUA e considerado "arquitecto" da política antiterrorista de Bush, Dick Cheney, daba unha conferencia no American Enterprise Institute, tamén em Washington, onde volveu sinalar que, nos anos nos que el estivo no goberno non se practicaron torturas aos detidos, sospeitosos de terrorismo. Cheney defendeu, máis unha vez, vigorosamente o seu mandato, negando que tivese "patrocinado a tortura": "Os interrogadores tiñan orientacións moi precisas sobre a liña divisoria entre técnicas de interrogación e tortura, e sabían de que lado tiñan que ficar" afirmou.

O ex vicepresidente de Bush tamén criticou a Obama, sinalando que a se considera "reconfortado" po ser criticado tanto pola esquerda como pola dereita, pensando en ter encontrado un punto de equilibrio, cando "a triangulación é unha estratexia política, mais non unha estratexia de seguridade nacional. Ningunha situación é boa para tentar obter compromisos, cando están en xogo vidas americanas", recalcou Cheney.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: