Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON AO RECURSO

A xuíza de Corcubión volve desestimar a imputación de López-Sors no caso Prestige

Non ve "indicios suficientes" de que a decisión do ex-director xeral da Mariña Mercante "agravase" o risco xerado polo petroleiro.

Redacción / EP - 18:50 22/05/2009

A xuíza do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión, Carmen Veiras Suárez, desestimou todos os recursos de reforma que se interpuxeron para reclamar a imputación de José Luis López-Sors, ex-director xeral da Mariña Mercante, na causa do Prestige. Esta fora retirada provisionalmente o pasado 18 de marzo, despois dunha instrución aberta en novembro de 2002.

Segundo o auto ditado polo xulgado o 20 de maio, ao resultaren desestimados os recursos de reforma presentados, mantense a imputación do capitán do barco, Apostolos Mangouras; do xefe de máquinas, Argyropuoulos Nikolaos, e do primeiro oficial, Ireneo Maloto, por delitos contra os recursos materiais e o medio ambiente e mais por desobediencia.

A xuíza concluíu que "non existen indicios suficientes" para determinar que a decisión de López-Sors sobre o afastamento do barco "fosen factor de agravación do risco xa xerado", co que confirma o sobresemento provisional da imputación.


1.67/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: