A Audiencia Nacional española afirma que as instalacións privadas que o director de El Mundo ten en Mallorca ocupan un espazo público.
Despois de anos de batalla xudicial, a Audiencia Nacional española acaba de dar a coñecer unha sentenza na que se afirma que o director do xornal El Mundo non é propietario dunha polémica piscina situada na Costa dels Pins (Mallorca). A resolución xudicial bota por terra unha disposición do Ministerio de Medio Ambiente que lle permitía empregar en exclusiva a piscina nos meses e xullo e agosto. O ditame xudicial corrobora o que levan defendendo diferentes colectivos políticos e sociais: a piscina vulneraba claramente a lei de costas ao ocupar chan de dominio público.
No verán de 2005, un grupo de persoas, encabezadas polo daquela deputado de ERC Joan Puig, bañáronse na piscina para denunciar a usurpación do espazo público. O director de El Mundo denunciou os feitos diante da Garda Civil.
Poden ampliar información en Vilaweb
A min góstame o respeito á propiedade para a xente que o gañou co seu traballo; pero en certos casos onde existe delito, hai que por en marcha a expropiación de libro. Éste é un deses casos, onde un tipo millonario con axuda do antigo goberno de Matas (chanchullos) fixo unha piscina onde lle saliu dos collóns. Os outros serían a expropiación por parte do governo nacional galego á duquesa de alba (Castelo de Castro Caldelas), e o Pazo de Meirás antre moitos.
algo máis tíñanlle que quitar por mentiroso!
Os tirantes, que lle expropien os tirantes!!!
Os tirantes, que lle expropien os tirantes!!!