Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Rainbow Warrior bota amarras na Coruña

Greenpeace pídelle á Xunta que se permitan parques eólicos no mar

"Galiza non pode pecharse a esta alternativa de enerxía limpa", dixéronlle os ecoloxistas ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.

Redacción - 09:00 27/05/2009
O Rainbow Warrior

O Rainbow Warrior

Ademais de expoñerlle a necesidade de que o noso país elabore un plan de loita contra a mudanza climática e a "tropicalización", os tripulantes do mítico Rainbow Warrior, o barco e Greenpeace, pedíronlle ao conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, que loite pola creación de parques eólicos mariños.

A pesar da oposición unánime entre os partidos políticos galegos aos aeroxeradores mariños, os ecoloxistas da organización internacional teimaron en expoñer esta "alternativa de enerxía limpa". Nesta liña, apelaron a procurar un consenso no sector da pesca. Polo seu lado, Hernández defendeu un paso máis paseniño ás enerxías renovábeis, ante a petición dos ecoloxistas do peche das centrais térmicas d'As Pontes, "o maior foco emisor de CO2 do Estado", e a de Meirama.

No único que estiveron de acordo os membros de Greenpeace -que celebraban o 25 aniversario do seu activismo no Estado Español con este periplo no Rainbow Warrior-, foi na "innegábel realidade" da existencia da mudanza climática. Nesta liña, o conselleiro de Medio Ambiente anunciou, "para os vindeiros meses" a presentación dun plan galego contra este fenómeno, que implicará a todas as consellerías e sentará nos alicerces dun documento deixado polo bipartito.


1.57/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: