Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Crise no pacto local

O PP convida a marchar os socios de goberno en Betanzos

Despois de que o grupo CxB leve o secretario municipal aos xulgados por unha lea urbanística.

Redacción - 11:15 27/05/2009

"Se Cidadadáns por Betanzos (CxB) é consecuente coas súas palabras debería pensar se debe abandonar o goberno local que, máis aínda nun momento como o que vivimos, non necesita de concelleiros que se adiquen a danar e desgastar a imaxe do Concello nunha actitude que dubidamos sexa a que os seus propios votantes buscaban cando os apoiaron". Así o expón a alcaldesa de Betanzos, María Faraldo (PP) nun comunicado enviado aos medios de comunicación este martes.

O PP responde deste xeito á polémica aberta logo de que CxB denunciase pola vía penal a actuación do secretario municipal no caso da urbanización d'O Refoxo. Este partido iniciou esta semana o reparto entre os veciños dun boletín onde expoñen a súa posición sobre o conflito pola adxudicación desta parcela. CxB acusa o secretario municipal de ocultar un informe do interventor ao respecto e por este motivo anunciaron a presentación de denuncia amparándose no artigo 413 de Código Penal, que estabelece penas de prisión de un a catro anos, multas e inhabilitación para cargo público para funcionarios dos que se probe a ocultación ou destrución de documentos.

Desde a alcaldía, Faraldo di descoñecer os términos da demanda presentada, pero asegura que non comparte "nin o fondo nin a forma coa CxB leva este asunto". Acusan así desde o PP os seus socios de goberno de trasladar "unha imaxe totalmente negativa do Concello e dos seus traballadores" que, aseguran, "non ten que ver coa realidade". "Unha cousa é defender a claridade e transparencia, pero outra fiarse única e exclusivamente de asesoramentos parciais emitidos, seguramente, con clara intereses revanchista", interpreta a rexedora.

En 2007 as urnas outorgáronlle ao PSOE a maioría de votos no Concello de Betanzos, un 34,15%, mais o mesmo número de escanos ca o PP (32,73%). Con empate a seis escanos entre as dúas forzas, o equilibrio de poder resolvérono os votos da formación independente Cidadáns por Betanzos (CxB), que saíu das urnas con tres asentos municipais e acordou un pacto de goberno co PP. A corporación complétana dous edís do BNG.


3,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: