Catro inmigrantes que foron sorprendidos con facturas e tickéts declararon que a sindicalista facilitáballes estes papeis de balde.
Laura Bugallo
Na noite do martes, axentes da Policía española detiveron en Compostela a Laura Bugallo, traballadora da CIG-Migración. As forzas de seguridade apóñenlle un delito de falsificación documental para favorecer a estadía de inmigrantes. Segundo puida saber este xornal, a operación tivo lugar logo de que fosen detidos catro inmigrantes. Na súa declaración aseguraron que Bugallo era a persoa que lles tiña facilitado a documentación (principalmente facturas e tickets). Os catro aclararon que en ningún momento tiveron que pagar nada polos papeis que supostamente lles proporcionaba a sindicalista.
Nun comunicado feito público na web de Movemento pola Base (organización política á que pertence Bugallo) aseguran que os axentes policiais rexistraron nas últimas horas a súa oficina laboral e o seu domicilio, onde incautaron documentación e levaron un computador. No mesmo, sosteñen que o único delito da detida é “apoiar en todo momento ás persoas inmigrantes”.
Laura Bugallo permanecía, á hora de redactar esta información, en dependencias policiais. Para as 20.30 horas deste mércores estaba prevista unha concentración de apoio á detida na praza do Toural.
Nom foi sem tempo que informastes
Agora vamos ver quem dá a cara pola gente conseqüente e comprometida da CIG. Viva Laura!
Gaviotas: Esta muller foi detida por axudar desinteresadamente á xente peor tratada nesta sociedade. Está por ver que hai de certo nas acusacións verquidas. Pero en todo caso, é unha persoa comprometida coa xustiza social.
Vós non tedes vergoña, traxes, clubs de alterne con 1500 rusas, subvencións, todo para a vosa cobiza insaciabel de "hijos de papá hechos a si mismos a cuenta de los demas".
A tua Gaivota e o teu desprezable activismo sono en defensa da explotación, da rapina e das peores das miserias humanas.
É curioso que ao SuperCacique de Ourense non o detivesen nin lle rexistrasen a casa e o traballo, para ver que pasou cos cartos que segundo unha sentencia, un chiringuito seu xestionaba e desapareceron. España sempre estivo podre, de feito naceu podre. E a froita podre non reverdece. Os galegos aínda podemos conservar esperanzas en atopar o pesticida, a poder ser ecolóxico.
Defender os imigrantes não é delito.
Bando de fascistas,cometeu-se uma grande injustiça.
A CIG é um sindicato sério, e Laura uma pessoa comprometida. Infelizmente, a corda sempre arrebenta do lado mais fraco. Os que deveriam estar ali, não estão. E a luta continua, desistir da igualdade de direitos jamais!!!
LIBERDADE PARA LAURA!!
Já me tardava esta nova aqui!
Parece-me insultante que esteja detida umha pessoa polo simples feito de fazer o seu trabalho LEGALMENTE. Isto demostra mais umha vez que vivemos num autêntico estado fascista!
Aqui o único corruto é o gaviotero que escreve na cima.
LAURA BUGALHO é umhas das melhores pessoas que tem a CIG... Na concentraçom de hoje, alegrei-me de ver gente mui diversa e também conhecida do sindicato, de Compostela e de Ferrol... Mas faltavam muitos, os da cima de todo nom vinherom, coma sempre! Porque neste país pensar distinto é umha condena estejas na esquerda ou na direita!
Laura os que te conhecemos, apreçamos e queremos estamos contigo! Porque sabemos que DEFENDER e AJUDAR ÀS E AOS MIGRADxS NOM É UM DELITO! Que se preparem xs migradxs que venham à Galiza na procura de ajuda sem a ajuda de Laura... porque esta companheira dá a vida por todxs elxs, SEMPRE DE MODO LEGAL!!!
Amanhá concentraçom no julgado... Nom faltedes! Se nos tocam a umha de nós, tocam-nos a todxs!
LAURA ESTAMOS CONTIGO
Miguel
Já se viu, hoje, quem está com Laura e quem nom. Quem está com os direitos d@s migrantes e quem nom. Quem prefere acubilhar-se no parapeto institucional antes do que apoiar singela e democraticamente umha companheira detida.
Perguntavam perto da concentraçom...: "Por qué hay tanta gente", e eu contestei que era por solidariedade com umha sindicalista acusada de falisficaçom documental. Respondêrom-me "igual es cierto", ao que só pudem dizer: "Igual, mas nós estamos com ela for certo ou nom".
Porque ainda há centenas de pessoas irreverentes em Compostela. Porque ainda há quem vai estar nas ruas quando venham por algum/ha de nós. Por isso somos e para isso estamos.
Viva Laura e viva o sindicalismo nacional e de classe!
A todos aqueles que xulgan o traballo que ata o día de hoxe leva feito Laura como " non é axuda para os inmigrantes" deixan claro que non coñecen nin a Laura, nin os inmigrantes que soFren a persecución e a explotación por parte doutros galegos, estes eran os que terian que estar no carcere. Mentres migrar forme parte dos dereitos humanos recoñecidos por todos, e as leis esten feitas para poder vulnerar eses dereitos, entre eles ter a familia reagrupada, mentres os empresarios son galardonados e lles facemos festas e omenaxes sen preocuparnos en como están nas suas empresas as persoas inmIgrantes, penso que cada un pode actuar en conciencia, e iso mismo fai Laura, dando a cara e defendendo os dereitos das persoas, e nos con ela, non robou nada ( EN TODO CASO ELA SEMRE PERDE), e a sua implicación , responsabilidade, e profesionalidade para min e para moitos está por encima de carceres e gobernos corruptos, eStá xunto as persoas que nos necesitan e ahi seguiremos o lado desta gran persoa e traballadora. Se todos estiveramos asi de involucredos nos nosos traballos este país non sería tan triste como demostrou coa detención de Laura asi que ....QUE VIVA LAURA BUGALLO O SEU COMPROMISO E A SUA VALENTIA E QUE SEPAS, QUERIDA COMPAÑEIRA, QUE DE NINGUNHA MANEIRA ESTARAS SOA.
Adiante Laura!
Axudar e comprometerse non é un delito e se o é, pois que carallo, a delinquir!
Todos contigo Laura. Moito ánimo.
Alpabarda vaite para o saco!!!
Na caverna é onde se fan as repugnantes leis que ti dis respeitar.
Vaia o noso apoio sempre para a xente que como Laura loitan contra a inxustiza.
Liberdade para a xente que traballa polos dereitos e liberdades de todas as persoas !!!
E a CIG non vai mollarse por esta muller que é a súa propia traballadora? E por que? Quen convocou a concentración de onte? Vin na edición de Elpais Galicia que a CIG se desmarcaba porque "non era unha denuncia contra o sindicato". Que panda de sinvergüenzas..
Ánimo Laura, estamos contigo, liberdade xa!
Suso Seixo, Oubiña Parracho, Manuel Mera e demais "xefes" da CIG, non pensan decir nada?
E o BNGuai, tampouco pensa decir nada ?
Para sentir na pele o que é ser imigrante em um país que a cada dia que passa faz a vida impossível a esse coletivo tão vulnerável que se vê sem direitos e igualdades e que sai do seu país com a esperança de recomeçar de ter uma vida decente e depois de ter a sua identidade perdida, ser olhado as vezes como um bicho raro em um país que deveria ter vergonha de tratar os imigrantes dessa forma, pelo simples fato de que migraram e foram recebidos nos países que ali estiveram e ainda são conhecidos como um povo decente e trabalhador e estou a falar pq escutei muito essa referência em Salvador-Bahia. Onde está a memória desse povo?? É muito triste e doi muito ver uma pessoa como Laura comprometida e cheia de empatia, pq eu a conheço, e sei o quanto se importa com esse coletivo, ir para cárcere, enquanto, muitos acham que a lei tem que ser cumprida. O que falta é compromisso e sensibilidade as pessoas. ânimo Laura,o seu compromisso, e a sua luta ninguém pode tirar pq já está enraizada dentro de vc.
VIVA A DEMOCRACIA E A LIBERDADE DE EXPRESSÃO. DIREITO DE IR E VIR IGUAIS PARA TODOS!!
ooh q gran sorpresa! a CIG desmárcase? de verdade?
jajajaj teñen máis cara ca espalda..
A xustiza e a policía son contundentes nestas "pequenas irregularidades formais" de Laura Bugallo. Pero se as fai un Conselleiro tipo Agustín Hernández, ou un Superdelegado, entón aí non. ¿Non hai ninguén que denuncie este agravio comparativo? ¿Non debía ser delicto esta desigualdade? ¿Hai xustixa?
Lead-bocas
Alpabarda vaite para o saco!!!
Unha aportación brillante ao debate. Seguro que tí fas mellores leises ha, ha, ha, ha
Laura Bugallo quedou en liberdade SEN CARGOS. Agora xurden varias preguntas:
Quen da CIG denunciou a Laura Bugallo?. Quen autorizou que a policía, sen orde xudicial, entrase no local da CIG, detivese a unha traballadora, e se incautase de ordenadores e outro material do sindicato?.
A presunción de inocencia (inocente até que por medio dun proceso XUSTO se demostre a culpabilidade) évos unha mostra de respecto cara os outros e mais cara un mesmo.
Persoalmente teño a tendencia a manter esa presunción incluso cando os órganos xulgadores do Reino de españa consideran probada a culpa de alguén. E isto porque a miña confianza nos xulgados e tribunais españois (e as súas policías xudiciais) xa vos hai tempo que é moito menos que pouca.