Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NON VAI HABER MARCHA ATRÁS

Feijoo confirma que os opositores poderán facer os exames só en castelán

O presidente dá orde de levar ao Parlamento a reforma da Lei de Función Pública.

Redacción - 14:00 28/05/2009

Os futuros funcionarios poderán examinarse exclusivamente en castelán. Se así o deciden, só terán que presentar un certificado de coñecemento do galego para demostrar o seu dominio da lingua do país. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, subliñou este xoves que o seu executivo non vai dar marcha atrás e que vai reformar a curto prazo a Lei de Función Pública para darlle “liberdade de eleccións aos opositores”.

Ao remate do Consello da Xunta, Feijoo afirmou que a maioría da cidadanía está a prol desta medida. A pesar de que os principais sindicatos da función pública se opoñen a unha reforma que consideran prexudicial para a lingua do país, o presidente subliña que o cambio conxuga “liberdade de elección” e “promoción do galego”. O PPdeG ten previsto levar nas vindeiras semanas a modificación ao Parlamento.


1.58/5 (26 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: