As embarcacións de baixura fixeron soar as súas buguinas para evitar que se constrúan as instalacións en Cabo Balea.
O barco oficial de Greenpeace, o Rainbow Warrior, chegou ao concello de Cangas este xoves para participar nunha acción de protesta contra a construción dun porto deportivo no Cabo Balea. Na acción estivo acompañado por medio cento de barcos de baixura que apoiaron a acción ecoloxista facendo soar as súas buguinas.
Greenpeace afirma que a construción está asociada cunha grande operación especulativa coa terra e que prexudicará un banco pesqueiro e marisqueiro do que viven unhas 500 persoas de xeito directo, que non se compensarán coa construción dunhas instalacións deportivas privadas.
Así, o sector de baixura amosou visibelmente o seu apoio á reivindicación. Entre as embarcacións que se sumaron á acción atopábase a do concelleiro de Urbanismo de Cangas, Mariano Abalo, segundo confirmou Tiago Pérez, voceiro do Foro Social de Cangas. As pancartas e faixas presentes na concentración apuntaban a Caixanova como culpábel da desfeita natural.
O colectivo ecoloxista leva anos denunciando que a construción se está a facer nun espazo natural protexido, o da Costa da Vela, en solo clasificado rústico de protección de espazos naturais, polo que é ilegal realizar edificacións nel.
Portos de Galicia ten previsto aumentar o número de amarres de embarcacións de recreo dos actuais 11.658 a 31 mil, o que segundo Greenpeace son unhas cifras irreais, dada a diminución nas matriculacións deste tipo de embarcacións nos últimos anos.
Greenpeace considera que apostar polo "modelo económico suicida do Mediterráneo", con clubs náuticos e urbanizacións está "completamente probado como gran fracaso ambiental, económico e social".
Avante Cangas: coma sempre vós diante, seredes o principio dos cambios. Alguén lembra lois pena? Lixo no ar!
Con sorte e intención, imos ter qsuen nos defenda -sen ambigüidades nin baguedás- e quen DENUNCIE INCONDICIONALMENTE (Qué hai vieiros sobre eleccións?)
Non ten nada que dicir a dirección do BNG sobre unha alcaldesa "nacionalista" que promove urbanizacións marbellizadoras e permite usurpacións de bens públicos e do medio de sustento de muitas familias mariñeiras?
No Bng están cavilando nos porcos e as eleccións..., ou cantas ovelliñas descarreiradas recuperamos para o rebaño. Non vos preocupedes, logo entrará e fará anotacións o fidalgogaliza -ou tamén lugris- sobre as maldades dos verdes non domesticados, pois non se atreverá a dubidar dos mariñeiros...
Temos alternativa. Na nosa man está que as contas do Bng sexan as da leiteira. E podemos ter voz en Europa, das que non calan ante o politicamente correcto, ou os intereses miserentos do clan ou do empresario amigo.
Esta señora cando estaba na oposición acudia as manis do foro e estaba en contra das obras, agora debeulle cair alghún "changhui" que xa mudou de parecer.Moi propio de nacionalistas progres e pijos.O titular máis ben seria o Rainbow ...únese a medio cento....
Nâo séi se saberanlho ou nâo,pro,no Mediterráneo PRIBATIZOUSE A SUPERFICIE MARINHA.Nâo ha lugar algúm onde poder fondear (por um "morto")sexa por pouco ou moito tempo.
Habia um porto onde sim podiase facer,Port Sant Antoni-Eivissa;pro agora nem esse.
O custe é mais caro que o aluguer duma vivenda (400 ou 500 euros pra eslora de menos de 10 metros)numa marinha das baratas.
Certo é que a costa da Galiza é diferente da do Mediterráneo;pro os especuladores, chuchons ou mangantes isso nâo vai facelos recuar.Dictam "leies" axeitadas pra os séus "negocios",e todo listo.
Soluçâo??.A lei da fissica:"a toda açâo correspondelhe uma reaçâo da mesma intensidade,pro de diferente sensso".
Haberia que apricar esta lei acotío.
Autodestruámonos todos... na loita final...
viva o bng e o seu ecoloxismo!
A verdade e que a min tamen me teñen alucinadas as actuacions de certos politicos do BNG apoiando desfeitas urbanisticas.
De pedra quedei o pasado sabado cando lin que a candidata do BNG de Porto do Son se opoñia a que o actual goberno local investigara a mais que sospeitosa recalificacion urbanistica numero 2 que fixo en Portosin o anterior alcalde socialista co argumento: "preocupa que o actual alcalde en lugar de avanzar e mirar hacia diante, se dedique a criticar e desfacer o que fixeron outros..."
http://www.lavozdegalicia.es/b...
Que me explique a señora Anxela Franco porque esta en contra de que os veciños de Porto do Son saibamos porque na anterior lexislatura o goberno socialista, en materia de urbanismo, fixo o que fixo.
PD, perdoade que non poña acentos graficos pero teño o teclado escarallado.