Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Maio reivindicativo

Tres milleiros de autoinculpacións chegan aos xulgados en apoio ao dereito das mulleres a decidir

A Marcha Mundial das Mulleres fai balance da campaña "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública" e convoca unha concentración cidadá.

Redacción - 19:30 29/05/2009

Este domingo a Praza da Quintana, en Santiago de Compostela, acolle desde as 11 horas o acto co que conclúe a primeira fase da campaña organizada pola Marcha Mundial das Mulleres baixo o lema "En defensa do dereito ao aborto, na Sanidade Pública!". Un Maio Reivindicativo que estará acompañado de flores, música e poesía.

A plataforma fixo balance este venres das actividades realizadas até o de agora, cualificando de "moi positiva" a alta participación e apoio social recibidos. "Temos neste momento mais de 1000 sinaturas individuais e por volta de 30 colectivos e organizacións adheridos á campaña, e a participación nas 9 palestras que foron organizadas nas diferentes localidades foi tamén moi enriquecedora e gratificante", expuxeron. Explicaron ademais que na actualidade continúan o apoio a dúas iniciativas de ámbito estatal a prol da legalización do aborto: "Nosotras decidimos" e "Mujeres ante el Congreso".

Debate e reflexión social "necesarias"
Destacan as convocantes os obxectivos de propiciar o debate e a reflexión da cidadanía cos que nace o proxecto, en defensa do dereito das mulleres a tomaren "as súas propias decisións", o dereito a saúde e o dereito a liberdade sexual "e por outro lado sumar forzas e compartir estratexias colectivamente" en base os seis puntos reivindicativos:

  • que se recoñeza o dereito fundamental das mulleres a tomar as súas propias decisións.  
  • Que se garanta a soberanía das mulleres sobre o propio corpo e a propia vida.  
  • Que se asegure que todo o proceso de información, asesoramento e realización da interrupción voluntaria da gravidez sexa feita na Sanidade Pública, por persoal sanitario formado na perspectiva de xénero.  
  • Que non exista discriminación xeográfica no aceso de todas as mulleres a este dereito nos servizos públicos.  
  • Que se inclúa a educación afectivo- emocional e sexual da perspectiva de xénero no currículo escolar.  
  • Que os dereitos das mulleres usuarias destes servizos sexan respectados e protexidos en todo momento.


4.8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: