Ducias de colectivos responderon este domingo á chamada á mobilización da plataforma cidadá Galiza Non se Vende.
Imaxe da mobilización de Galiza Non se Vende en febreiro de 2009
(Actualización 18h):
Foron arredor de 2.500 persoas, segundo o cálculo da plataforma, as que saíron este domingo á rúa para protestar contra a incidencia da política económica no litoral e, de xeito concreto na cidade olívica, contra os recheos que a Autoridade Portuaria de Vigo pretende realizar na ría.
En declaracións a Europa Press, Duarte Ferrín, de 'Galiza non se Vende', afirmou que "o modelo económico actual está a mercantilizar o medio, privatizando as ganancias e socializando os custos". Para 'Galiza non se Vende', Porro, nas súas declaracións públicas, "menciona os usuario do porto, pero esquece os usuarios da ría".
Segundo Ferrín, tanto este Plan de Usos do Porto de Vigo, como a construción dun complexo para o lecer na antiga conserveira de Massó, no municipio pontevedrés de Cangas, entre outras medidas derivadas da política económica, son "estupideces" e "manobras especulativas" financiadas pola administración.
A plataforma tamén mostrou a súa repulsa ao proxecto da macrodepuradora previsto para Coruxo, en Vigo. Neste sentido propuxo substituír a macroplanta por unha rede de pequenas depuradoras conectadas entre si". "A macrodepuradora que propoñen vai ser igual de mala que a actual, pero máis grande en tamaño", opinou Ferrín.
A manifestación partiu da Praza do Rei e percorreu o centro de Vigo ata finalizar na Praza da Estrela, aos pés do edificio da Autoridade Portuaria, onde se leu un manifesto-protesta.
(Actualización 10h)
Contra a "depredación" do territorio
"Non é necesaria, nin imprescindíbel a destrución do noso fogar común para acadar medios de vida, nin debemos basear o benestar na explotación das persoas nin a terra que habitamos, porque se así fora estaríamos correndo o camiño do suicidio colectivo", expón o manifesto co que a plataforma Galiza Non se Vende convoca a mobilización deste domingo en Vigo. "Todas e todos xuntos temos que pórlle freo a esta locomotora desbocada, deste falso progreso, que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures", continúa o documento.
Desde as 12 horas, e saíndo da Praza do Concello, os manifestantes marcharán atrás de cartaces que, entre outros, acollerán o lema principal: "Este modelo ten alternativa: defendamos o litoral!". Deste xeito, nesta data, a defensa da costa do país centrará as reivindicacións, e denunciaranse "os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, froito da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento económico, que equipara crecemento e benestar social". De forma especial, estará presente a máis recente loita a pé da ría de Vigo, na beira de Cangas, onde os veciños do foro Cangas non se Vende loitan contra a construción do porto deportivo no Salgueirón. Así e todo, non se esquecerán outras reivindicacións: "A privatización e venta da nosa costa, das nosas rías, do noso vento, dos nosos montes, dos nosos rios, do Courel, supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en beneficio de só duns poucos, privatizando beneficios e socializando as perdas", quéixanse os organizadores.
Anterior en Vieiros:
Hai un cartaz que está a pegar Esquerda Anticapitalita que fai unha pregunta que semella moi acertada:
"Apostarías pola expropiación do sector enerxético para loitar contra o cambio climático?"
Por suposto, a resposta que dan é: "NÓS SI".
é hora de que a esquerda institucional galega deixe de xogar a dúas bandas: a de respectar e defender este sistema capitalista depredador e causante dun irreversíbel esnaquizamento da nosa terra (e do nos mar, do nos aire...) e á vez, a de aparentar sumarse á loita ecoloxista.
Preguntas de fondo que esixen respostas claras.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Quen son os verdadeiros negadores do quentamento global?
1. Despois de cinco anos de goberno “superprogre” (nun país no que é hoxe requisito necesario estar en todo e por todo a favor da política gobernamental para merecer o título de persoa digna) seguimos sendo o país de Europa que máis se afasta do protocolo de Kyoto:
2. En 2007, España emitiu 9,3 millóns de toneladas de CO2 máis que en 2006, unha suba dun 2,1%, alcanzando os 442,3 millóns de toneladas. No mesmo período, as emisións de Alemaña caeron 23,9 millóns e as de Francia 10,6. Só Bulgaria, con 4,2 millóns de toneladas máis, e Grecia, con 3,8, achéganse un pouco ao reponte da contaminación española. O comisario europeo de Medio, Stavros Dimas, ameazou onte con abrir un expediente a España se non reduce o seu exceso de emisións antes de 2012.
3. De crermos un informe publicado o venres 29 de maio polo Forum humanitario mundial, creado en 2007 e presidido polo ex secretario xeral da ONU Kofi Annan, o quentamento global sería directamente responsable de tres centos mil mortos ao ano e custaría 125 mil millóns de dólares (90 mil millóns de euros) á economía mundial.
4. O paso aos biocombustibles, encabezado por Bush pero en marcha tamén en varias partes do mundo, significa máis destrución de bosques tropicais, que son un importante regulador natural do clima. Reducir as emisións ao tempo que se destrúen os mecanismos naturais de absorción do planeta non é unha solución. É unha receita para o desastre.
5. O quentamento global é irreversible. É inxenuo pensar que cuns cantos muíños de vento imos detelo...
6. A incómoda realidade, que ambos os dous lados do debate ambiental ignoran ou negan, é que un estilo de vida tan necesitado de enerxía como o que se goza nas zonas ricas do mundo non pode ampliarse unha poboación de 9.000 ou 10.000 millóns de seres humanos, o nivel previsto nos estudos da ONU para mediados de século. Polo que respecta aos recursos, os números humanos xa son insostibles. O quentamento global é a outra cara da moeda da industrialización mundial, e as reservas de gas natural e petróleo que necesita a industria están a chegar ao seu máximo precisamente nun momento no que a súa demanda aumenta a toda présa. Ao contrario do que din os verdes, non existe a menor perspectiva de que o mundo vaia abandonar o uso dos combustibles fósiles. Non hai máis que preguntar a calquera economista competente, e verase que, por máis que se estendan as enerxías renovables, é imposible satisfacer a demanda de enerxía que se xera en China e India. E, de todos os xeitos, acaso alguén cre que os países que están a enriquecerse grazas aos hidrocarburos -Rusia, Irán, Venezuela e os Estados do Golfo- van renunciar a eles? Mentres exista unha demanda suficiente de combustibles fósiles, eses países seguirán extraéndoos, sexan cales sexan as consecuencias para o clima mundial.
viva o BNG e o seu ecoloxismo co projecto de Masso!
#2-E conto de que vem toda a tua léria da contaminaçâo do ár?.
Eiquí estase a falar dos recheos das rias e da ESPECULAÇÂO da costa galega por os "TERERORISTAS URBANISTICOS".
Que ten que ver a expropiación das eléctricas para loitar contra o cambio climático? Primeiro que nada, hai que deixar de andar moito nos carros, que seguro ti tes un. Os de esquerdas sonche os típicos de "fai o que digo,pero non o que fago". Eu teño carro, coma case todos nun País desenvolvido, no entanto tento non usalo nos arrais urbáns, que é onde hai que acelerar ou frear gastando máis combustíbel. O que non se pode é botar lemas ecoloxistas propios de cartaces rueiros. Non se poden pechar as eléctricas de vez. Hai que ir probando progresivamente con novos modelos enerxéticos como as forzas mareomotriz, e os novos panéis solares. A combinación de todo e a progresiva redución é a solución viabél. O que non se pode é rebentar o modelo produtivo. A ninguén lle gosta que se encareza moito a enerxía de súpeto.
O que pasa que estes analfabetos "sandía", vermellos por dentro, verdes por fóra (ecoloxistas e anticapilistas á vez, de Greenpeace e soviéticos ao mesmo tempo), andan a esbardallar, pero que ninguén lle toque o seu diñeiro.
Por outra banda Ferrín ten razón có da especulación de Massó. As economías teñen que ser produtivas, non especulativas.
#2 ten razón... Se nos somos respectuosos ou tentámolo, o comunismo chinés cumprirá? Seguro que non ao igoal cós EE.UU. e grande parte de Europa. Non hai que ser demagóxicos.
#3 O BNG de Cangas parou a urbanización, outra cousa é o porto deportivo, está en contra pero vai de legalista, cousa coa que non estou de acordo, pois a lei ampara neste caso a destrucción da costa. Pero a pesar de todo, prohibiron onte o paso de maquinaria pesada por esa zona do Concello, o que é unha maneira de parar ou retrasar as obras.
De todas formas, é certo que o gran defensor do medio en Cangas é Mariano Abalo, a través da Alternativa de Esquerdas. Está facendo unh gran traballo, obrigando o Bloque a posicionarse no recheo.
Estimado Cuevillas,
xa que non posúo datos sobre a túas propias incongruencias ideolóxico-prácticas tan detallados coma os que ti expós sobre os ecoloanticapitalistas dos que falas e xeneralizas sen pudor, rógoche desculpes non poida rexeitar a túa postura sobre o tema por argumentos falaces como o fas ti sobre as posturas esquerdistas e ecoloxistas.
Sen ánimo de ofender, haberá que non facer caso do que din os ecoloxistas porque ti opinas que "andan a esbardallar, pero que ninguén lle toque o seu diñeiro". O mesmo argumento haberá que usalo para non facer caso de nada, hoxe en día todos precisamos comer, cagar e ter sexo. Máis non por elo vou a desouvir os que o fan con moderación e suficiencia, para permitir, como fas ti, que os opulentos capitalistas me sigan tocando os innombrabeis... Vaia paisanaxe que temos que aguantar, pedras dos explotadores e máis pedras dos explotados que non se saben ver como tal.
Viva a falacia. Viva Reganosa, os portos deportivos, e viva a UPG.
#5 Cuevillas, concordo contigo. Son tan incoherentes que promoven o derrubo de vivendas unifamiliares na costa e máis a instalación de aeroxeneradores no litoral; unha cousa a canda a outra.
...E non esquezamos a insostibilidade do modelo enerxético baseado nun recurso que comezou o seu irreversible declive: *o petróleo* Vid. http://www.VesperaDeNada.org
A Guardia Civil acaba de deter a um rapaz nas protestas em Masso esta manha.
A gente de Vigo e comarca tense que fazer notar nas mobilizaçons en contra do recheo ilegal em Massó. Agora mais que nunca é necessario.
Liverdade detidos na luita pola defesa da terra.
A máxima destes tempos: deixemos a economía especulativa e abracemos a produtiva, coma se esta fose a panacea. Antes explotábannos (incluíndo ás nosas nais, tanto a que nos pariu como a Natureza) a golpe de economía especulativa e agora o queren facelo de maneira moi produtiva.
Primeiro, coa economía especulativa, deíxannos hipotecados durante 30/40 anos e agora, que xa tennos ben amarrados por onde estades pensando, nos queren facer máis produtivos. Iso si, como agora está de moda o I+D+c (investiga como darlles máis polo cu), lles imos dar outra volta de torca á gran masa de currantes co da crise e o paro, para acojonarlos e disciplinarlos aínda máis (os de arriba, son un tanto perversos) para que pidan a berros un posto de traballo e ser explotados de maneira produtiva.
Entre tanto, continúa o gran roubo e desprazamento de rendas, aforros e plusvalor das clases populares ás clases altas e medio-altas, así como desde as arcas públicas (basicamente, proceden dos impostos directos e indirectos que paga a xente que vive do seu traballo) aos bancos e empresas privadas para seguir alimentando a un capitalismo que quere facernos ver que é contrario ao público (neoliberal), pero que é o máis subvencionado e amamantado pola vaca pública da historia do capital.
Como as rendas dos burgueses e novas clases medias están aumentado e non todo vai ser acumular diñeiro nesta vida, pois o verdadeiro sentido de gañar é o de gastar-consumir, hai que construírlles uns portos deportivos con diñeiro público para que poidan ter sus barquitos de recreo e amosarnos aos currantes que cousa máis extraordinaria é iso do productivismo - desenvolvemento, que permite aos vellos e novos ricos dinamizar a economía, destruíndo o medioambiente e as formas de vida sostíbeis coas que se gañan a vida as xentes do pobo.
A Guardia Civil detivo a tres pesoas nas protestas em Masso esta manha.
A gente de Vigo e comarca tense que fazer notar nas mobilizaçons en contra do recheo ilegal em Massó. Agora mais que nunca é necessario.
Liverdade detidos na luita pola defesa da terra.
Não podemos permitir que o que é público se privatice, a iste passo inda chegará um momento em que tenhamos que pagar por andar pela rua.