Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
con cargos

En liberdade as tres persoas detidas en Cangas, nas protestas contra as obras do Salgueirón

Declararon ante o xuíz, e terán un xuízo rápido, supostamente, esta terza feira. Na tardiña hai convocada unha nova concentración no mar de Cangas.

Redacción - 17:25 01/06/2009
Unha imaxe das obras, cunha banda da garda civil que prohíbe o paso

Unha imaxe das obras, cunha banda da garda civil que prohíbe o paso

Por volta das 16h00 desta segunda feira foron postas en liberdade as tres persoas detidas na contorna das obras do porto do Salgueirón, en Cangas (O Morrazo). Os detidos facían parte dunha sentada na praia, a carón da entrada ao predio no que se está a realizar a construción dun porto deportivo e unha macro urbanización. Alí, un grupo de persoas, mobilizadas polo Foro Social de Cangas, estaban protestando ante as obras de recheo que continúan, a pé de praia.

Os detidos permaneceron dende primeira hora da mañá no cuartel da garda civil de Cangas. A dous deles impútanlles os cargos de coacción e desobediencia; o terceiro só está acusado de coacción. Dende o Foro Social de Cangas denunciaron a desmesurada acción da garda civil, que, segundo din, "actuaron coma mercenarios" ao servizo dunha empresa, e non da cidadanía. Alén disto, lembraron que a praia, onde se atopaban as persoas que facían parte da protesta, "é de dominio público". Previsibelmente, estas tres persoas terán que enfrontarse, esta terza feira ao mediodía, a un xuízo rápido.

Nova concentración no mar de Cangas contra as obras en Massó
Para a tarde desta segunda feira (18h00) hai convocada unha nova concentración mariñeira no mar de Cangas, tal e como xa aconteceu a pasada semana. Daquela, os mariñeiros de Cangas contaron coa asistencia do emblemático buque Rainbow Warrior, do colectivo ecoloxista Greenpeace, que quixo axudar a amplificar a protesta canguesa.

Mentres, seguen os traballos de construción sobre o vello peirao, o do porto deportivo chegará a unha lonxitude de 600 metros, e mais o recheo de 15 mil metros máis, operación moi criticada tamén pola Federación Ecoloxista Galega que agoira un grave impacto ambiental. Alén da ausencia de licenza municipal e da inexistencia do plan de usos da Autoridade Portuaria, as obras avanzan tamén malia o contencioso pendente de resolver que enfronta o proxecto coa confraría local de pescadores.

Poden ampliar información sobre este conflito:


4,43/5 (7 votos)

Comentarios (12)

Brais #1 1/Xuño/2009 Brais
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Ultimamente parece que está de moda prender xente

Tavia #2 1/Xuño/2009 Tavia
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

A minha solidariedade com estes companheiros com quem coincidim o domingo em VIGO. Adiante a luita. Governe quem governe, Galiza nom se vende !!!

immerrecht #3 1/Xuño/2009 immerrecht
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

A subdelegación do Goberno cumpre unha función minuciosamente represiva, pero non con delincuentes, senón con membros de asociacións veciñais e sociais que nos están a defender a todos. Intenta por todos os medios que a xente cale dunha vez. ¿por qué non multan ao cura que di que a pederastia non é un crime?

O día que xente coma esta de Cangas empece a cansarse - comprensible- de ser obexcto desta represión, de defender estas causas obxectivamente xustas, os demáis quedaremos indefensos. Alguén pensa - despois destes últimos catro anos, de todos estes rifirrafes de correntes, de insultos dignos de adolescentes dentro do único partido nacionalista no noso Parlamento- que vai quedar alguén para defender os intereses de Galiza?

Estamos ben jodidos.
Ánimo para a xente do foro social de cangas, e para A Ría non se vende.

Tarelo #4 2/Xuño/2009 Tarelo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Esta "democrácia" é unha burla a intelixencia. Esto da noxo, asquea. Os cidadáns somos uns bobos inconscientes. A ver se despertamos dunha puñeteira vez!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Gaias #5 2/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

Benvidos a nova politica ppera. Urbanismo salvaxe e portos deportivos.

immerrecht #6 2/Xuño/2009 immerrecht
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Gaiás, ogallá fora todo tan fácil e achacable á política pepera, pero todos sabemos que a ecuación non é tan sinxela. Precisamente o pp é o que non se moveu. Están onde sempre. Cheiran ighualiño ca sempre. Con eles non hai equivocación posible. O problema é que os que deben responder non o fan. Que o pp faga o que leva facendo anos é o normal e o previsible. Que o resto actúen coma eles..., iso si que é fastidiado.

GalizaEmGalego #7 2/Xuño/2009 GalizaEmGalego
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

gaias fala cos do BNG que son os responsabeis disto, nom o PP

manuelgz #8 2/Xuño/2009 manuelgz
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Parabens aos compañeiros e compañeiras do Foro Social de Cangas e da Ria non se vende: unha loita exemplar!

MCXOSE #9 2/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

No Cabo da Cruz en Boiro están a destruír a Rïa e xa rechearon unha praia das de toda a voda para que pasen os camións co veleno; e a xente non fai nada para impedilo. O único que se moveu fun Eu, que convoquei unha manifestación e só un grupo de Verdegaia se uníu á manifestación e a xente de alí insultoume e ameazoume etc. Demasiada ignorancia e moito fillo de puta que se aproveita dela. NOn deixemos que nos destrúan a nosa terra!!! Impidámolo!!!

MCXOSE #10 2/Xuño/2009 MCXOSE
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

unha praia das de toda a "vida" quixen dicir

ecoe #11 3/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

O dos xuízos en dous días fan parte da mesma estratexia represiva ó facela de maior eficacia: non queren qasue as/os represariad*s poidan seguir na brecha.

Precísase con urxencia a denuncia institucional de estes asuntos -nelo temos cooptado o BNG por mor de ostentar a alcaldía, o que o inutiliza para estes mesteres-.
Só queda a denuncia xudicial e política na U€?

Só queda INICIATIVA INTERNACIONALISTA-SOLIDARIEDADE ENTRE OS POBOS? Pois, podia!

XurxoMG #12 3/Xuño/2009 XurxoMG
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Outra fonte de información:

http://fpgcangas.blogaliza.org...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Os compañeir@s de GzVídeos estiveron a carón do Foro Social de Cangas, filmando as detencións e as protestas

Imaxe da protesta no mar de Cangas da pasada semana, cando se uniu o buque de Greenpeace
Imaxe da protesta no mar de Cangas da pasada semana, cando se uniu o buque de Greenpeace