Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Coñecemento aberto

O BNG apostará polo software libre en Europa

A candidata nacionalista ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, amosouse partidaria de reproducir o modelo de Mancomún.

Redacción - 14:00 02/06/2009

A cabeza de lista do BNG ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, anunciou que apoiará as iniciativas a prol do software libre na Eurocámara. Miranda asinou a Free Software Act e afirmou que "o traballo das xentes do software libre desempeña un papel na preservación de liberdades esenciais da era dixital, no que atinxe a compartir o coñecemento e a superación da fenda dixital".

Segundo a candidata nacionalista, "o software libre é un ben común que debe ser protexido e fomentado" e contribúe a desenvolver as pemes do país "fronte ás grandes multinacionais dos Estados Unidos". Engadiu que apostar polo software libre permitiría aforrar "ducias de millóns de euros dos contribuíntes que actualmente se lles pagan ás multinacionais por licenzas como as de Microsoft".

Neste senso, salientou a decisión da Xunta de Galicia de colocar Windows nos portátiles do alumnado de 5º de primaria, que fará que "pague cada ano dous millóns de euros a Microsoft só polo uso do seu sistema operativo". Fronte a estas prácticas, puxo como exemplo a seguir a Mancomún, o centro de referencia do software libre que o BNG puxo en marcha dende a Xunta de Galicia "recoñecido pola Unión Europea como un exemplo a seguir para a promoción do software libre".


4.67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: