Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EN PORTUGAL

Para reducir o lixo urbano: menos xornais gratuítos e cueiros reutilizábeis

O Ministerio do Ambiente presentou un programa para reducir a cantidade de residuos que inclúe a promoción da compostaxe caseira.

Redacción - 09:00 07/06/2009
Cada portugués produce 470 quilos de residuos ao ano

Cada portugués produce 470 quilos de residuos ao ano

Controlar a produción do lixo. Ese é o obxectivo que se marca o Ministerio do Ambiente portugués co seu Programa Nacional de Prevenção de Resíduos Urbanos, un plan que se propón reducir entre 50 e 100 quilos de lixo por persoa e ano. Segundo as súas estatísticas, cada portugués produce 470 quilos de residuos anuais e unha diminución deste tipo permitirá dunha parte unha mellora da xestión ambiental e, da outra, dos recursos existentes. 

Entre as medidas propostas, chaman a atención aquelas que demandan pequenos esforzos por parte da cidadanía, como que consuman auga da traída en troques de de garrafa ou que empreguen cueiros reutilizábeis. Ademais, entre estas medidas tamén se inclúe a distribución de menos xornais gratuítos ou a mudanza das facturas impresas polas dixitais.

Compostaxe na casa
Doutra banda, o goberno portugués propón que a cidadanía se involucre e aposte por facer compostaxe dos residuos orgánicos na casa. "É a medida con maior efecto", dixo o ministro portugués, "nunha vivenda do país, preto dun terzo do lixo está composto de residuos orgánicos, como as cascas de froitas ou restos de comida. Cun sistema de compostaxe caseiro nas vivendas, nas escolas e nas zonas rurais poderíanse reducir os residuos orgánicos en preto do 17%".

No escenario máis optimista, a produción total de lixo podería reducirse nesta porcentaxe até o 2016. Porén, o documento fala dun contexto menos favorábel e asegura que "adaptándose á realidade portuguesa" a redución podería achegarse ao 10%. Con todo, esa cifra é dada por boa xa que, de non tomar medidas, estímase que a cantidade de residuos medrará un catro por cento nese mesmo período.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: