Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
IGUALDADE E BENESTAR

A Xunta cesa a Lois Castrillo e propón como novo xerente do Consorcio un avogado coruñés

O escollido foi Roberto Rodríguez Martínez, do que se valorou a súa traxectoria profesional e perfil técnico.

Redacción - 17:40 05/06/2009
O programa de Xantar na Casa é un dos que ofrece o Consorcio

O programa de Xantar na Casa é un dos que ofrece o Consorcio

Mentres os traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar continúan coas súas mobilizacións defendendo os seus postos de traballo, o comité directivo comezou xa a dar pasos na súa renovación. Este venres cerou do seu cargo ao xerente da entidade, Lois Castrillo e propuxo para sucedelo ao avogado coruñés Roberto Rodríguez.

Segundo informou a presidenta do Consorcio, Beatriz Mato, neste nomeamento tívose en conta a traxectoria persoal e o perfil técnico de Rodríguez. Subliñan así que non ten adscrición política algunha polo que a súa escolla cumpre un dos obxectivos básicos da renovación do Consorcio: "despolitizalo e iniciar unha nova etapa de colaboración entre Administración e entidades locais que non estean condicionadas polo color político".

Motivos do atraso
Segundo explica o comunicado da Consellaría de Traballo, o atraso no relevo de Castrillo debeuse ás súas demandas exixindo unha indemnización para deixar o cargo, que supoñía o pago de tres mensualidades do seu salario (4.500 euros brutos). Finalmente, a súa relación laboral co Consorcio rematou logo do pago dunha compensación de 7.200 euros brutos.

Novo xerente
Roberto Rodríguez Martínez iniciou a súa traxectoria profesional hai 16 anos como asociado nun bufete de avogados, no que estivo até o ano 1997. Nesta data creou o seu propio despacho, no que se adicaba a asuntos do eido civil, penal e administrativo. Ademais, é profesor de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade da Coruña.


Ligazóns

3/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: