Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Europeas 2009

RSS de Europeas 2009
Peche de campaña: cara o 7X

Feijoo chama a votar para que o PP “consiga dúas maiorías absolutas en 90 días”

O líder dos populares galegos, que tamén pechaban campaña en Vigo, pediu unha "moción de censura popular" de "varias lexislaturas", para os que gastan "máis do que necesitan".

Redacción - 11:00 06/06/2009
Feijoo con Fraga e Millán Mon

Feijoo con Fraga e Millán Mon

O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, pechaba a campaña das europeas en Vigo, e alí apostou porque quen "gastan cinco mil millóns de pesetas (30 millóns de euros) máis do que necesitan" sexan castigados cunha "moción de censura popular" durante "non unha, senón varias lexislaturas", en referencia ao bipartito.

Os populares galegos, cos seus eurocandidatos Francisco Millán Mon e Carmen Fraga á cabeza, pecharon a súa campaña no Ifevi cun convite á secretaria xeral del PP, María Dolores de Cospedal, quen tamén pediu o voto para o seu partido, considerando que Europa precisa "políticas valientes para frear a crise".

Xunto con Cospedal, Feijoo tamén pediu unha gran participación nas urnas o domingo, "para que o PP consiga dúas maiorías absolutas en 90 días", e puxo o exemplo da nova Xunta popular, para afirmar que "podemos seguir empeorando, ou comezar a facer as cousas mellor". "O domingo toca elixir entre os que facemos as cousas doutro xeito e os que levan cinco anos na UE facendo as cousas ao revés", aseverou o líder dos populares galegos.

Seguindo a liña marcada durante toda a campaña, Feijoo volveu criticar os socialistas por levar á ex ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, nas súas listas europeas, ao bipartito polo "desbalde de millóns" e o "engano dos prazos do TAV".


1/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: