Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
LETRAS 2010

Intensifícase a campaña a prol de Carvalho Calero

Artábria lembra que nuns meses se celebrará o centenario do seu nacemento e o vixésimo cabodano da súa morte.

Redacción - 08:00 09/06/2009

Dende Ferrol numerosas institucións, encabezadas polo propio Concello, demandan un 2010 dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Ás múltiples razóns que cada ano se ofrecen para solicitar a merecidade homenaxe Carvalho, nesta ocasión únese o da oportundade: no 2010 celebrarase o centenario do seu nacemento en Ferrol (1910) e tamén o vixésimo cabodano do seu pasamento en Compostela en 1990. A Fundación Artábria iniciou unha campaña para o envío masivo de correos electrónicos con esta petición á Real Academia Galega (presidencia@realacademiagalega.org).

A pasada semana Rebeca Bravo, Pim Patinho e Maurício Castro reuníronse con Xosé Luís Axeitos, membro da Executiva da Real Academia Galega. Entre outros documentos e materiais, entregáronlleunha carta da concelleira de Cultura de Ferrol, Mercedes Carvajales, dirixida ao presidente da RAG para lembrarlle o acordo plenario unánime en apoio da candidatura de Carvalho Calero. Segundo Artábria, Axeitos expresou o seu desexo persoal "de que desta vez sexa posíbel a elección de Carvalho".

Artábria vén de poñer en marcha unha web específica para apoiar a candidatura do ferrolán. Artábria insiste, máis unha vez, nos sobrados argumentos que farían a Ricardo Carvalho Calero deste recoñecemento, comezando pola extensión da súa obra escrita en lingua galega, en moi diversos xéneros: poesía, teatro, ensaio ou xornalismo. Destácanse, sobre todo, dúas obras, fundamentais para a lingua e a cultura galega dende hai moitas décadas: a Gramática Elemental del Gallego Común e a Historia da Literatura do Século XX.

Destácase tamén o traballo realizado en institucións culturais como o Seminario de Estudos Galegos ou a Real Academia Galega, na que ingresou en 1958, e da que mesmo se lle chegou a ofrecer a súa presidencia en 1977. Saliéntase así mesmo o fito de se converter en 1972 no primeiro catedrático de Lingüística e Literatura Galega.

Lémbrase tamén a súa militancia política, dende os movementos de opoición á ditadura de Primo de Rivera, a súa participación na creación do Partido Galeguista, a súa participación como miliciano na Guerra Civil nas fileiras do exército republicano e toda a súa militancia antifranquista na ditadura, no Colexio Fingoi de Lugo ou na Editorial Galaxia.

E por suposto reivindícase a súa defensa dunha norma reintegrada; Artábria salienta que Carvalho "mantivo a sua postura de non afastar a identidade do galego do seu tronco orixinario, defendendo a ortografía histórica do noso idioma, idea que xa defendía o nacionalismo histórico, que só esperaba condicións favorábeis para a implantar".

Audio do debate emitido pola TVG en 1987 entre Ricardo Carvalho Calero e Constantino García sobre 'O Porvir do galego'.


Ligazóns

3,79/5 (19 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: