Data do 5 de decembro de 1938 e foi asinado polo ditador no mesmo predio. Un xulgado investiga quen puido sacalo dos arquivos da Deputación da Coruña.
Hai meses que se investiga a desaparición do pergamiño oficial da entrega do Pazo de Meirás ao ditador Francisco Franco. O escrito data do 5 de decembro de 1938, foi asinado por Franco no mesmo predio do Pazo, e gardábase nun arquivo da Deputación da Coruña.
Dende o pasado mes de xaneiro, cando foi botado en falta, foi buscado por todo o predio da institución provincial, mais finalmente os feitos puxéronse en coñecemento da Fiscalía, ao tratarse dun documento pertencente ao patrimonio histórico, segundo detallaron dende a Deputación. Posteriormente, o caso pasou a un xulgado da cidade.
Por min que desapareza o pazo, e os seu moradores da memoria colectiva.
Não, martin32!
Os seus moradores que nunca desapareçam da memória. Isso é o que querem os herdeiros do franquismo. Que tenhamos sempre bem presente quem foram e o que seguem sendo. Porque o franquismo ainda não acabou.
E quanto ao paço, que seja devolto ao povo. Ocupado polo povo, e que seja o aproveitamento que façamos dele o que limpe o seu carácter negativo.
Todos os paços de São Petesburgo, símbolos da opressão, foram reconvertidos a museus e centros de atividade de Leningrado. Apropriação e construção. Nunca a destruição.
Eu sou ateu, mas nunca queimaria uma igreja. Melhor seria convertê-las em bibliotecas.
Dalgunha maneira, isto mesmo parece obra da xustiza poética. Pero o mellor é que apareza axiña e sirva para que o Pazo volva ser do pobo.
Donde está, matarilerilerile...