Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ADEGA ALERTA

A bandeira azul non é garantía dun litoral ecolóxico

Os ecoloxistas din que con este distintivo non se premia o esforzo de conservación ou a calidade paisaxística, senón outras cuestións.

Redacción - 08:00 11/06/2009
Este ano recibiron a distinción 119 praias galegas

Este ano recibiron a distinción 119 praias galegas

O litoral galego acadou este ano 124 bandeiras azuis, entre praias e portos deportivos. Este distintivo é concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), filial que depende da Fundación de Educación Ambiental (FEE) e, segundo a súa propia web, recoñece criterios como o de "legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza ou seguridade".

Con todo, o colectivo ecoloxista Adega alerta da incerteza da crenza xeneralizara de que este símbolo equivale a calidade ambiental e litoral ben conservado. "Este distintivo non atende a criterios ambientais e mesmo obriga a humanizar praias virxes", din ao tempo que recordan que "dende 1999 as institucións europeas deixaron de financiar á FEE porque segundo a daquela comisaria de Medio Ambiente os criterios que se seguían carecían de suficiente rigor".

Non se valora o impacto sobre a paisaxe
Estes criterios, que se poden consultar no portal de ADEAC, contemplan variábeis como "a calidade das augas de baño, os servizos hixiénico-sanitarios e de seguridade da praia durante a tempada estival". Adega subliña que, non obstante, quedan fora outras características que poderían definir a calidade da xestión ambiental do espazo: "o resto do contorno, como por exemplo o estado das dunas e da orla prelitoral, a calidade paisaxística e a ausencia de impactos sobre os hábitats e especies costeiras non figuran como condicións necesarias para a concesión do distintivo".

Cando a bandeira azul atenta aínda máis contra o entorno
Doutra banda, os ecoloxistas tamén chaman a atención sobre situacións nas que a propia distinción de bandeira azul compromete gravemente a conservación do espazo natural. "Construcións en primeira liña, circulación de quads e todoterreos, aparcadoiros de vehículos sobre as dunas, emisarios de augas fecais... comparten moitas veces protagonismo coa bandeira azul", explican.

Así, denuncian que "coa excusa de conseguir unha bandeira azul, moitos concellos inician actuacións que rematan por degradar a calidade ambiental de espazos litorais virxes ou escasamente humanizados.


Ligazóns

4.2/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: