Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
BALEAS BICUDAS E CALDEIRÓNS VOLVEN ÁS AUGAS CANARIAS

Os cetáceos deixan de varar co silencio dos sonares militares

A investigadora Natacha Aguilar sostén que o fin dos embarrancamentos demostra a súa relación co uso de sonar.

Redacción - 12:45 21/06/2009

A profesora da Universidade de La Laguna Natacha Aguilar destacou este martes que os embarrancamentos masivos de cetáceos cesaron nas augas canarias desde que non se usan os sonares da OTAN nun radio de cincuenta millas arredor do arquipélago africano. Este dato demostra, na súa opinión, a estreita relación que se producía entre este fenómeno e as manobras militares.

Aguilar fixo estas declaracións na roda de prensa de presentación da campaña Zifiocan 1, liderada pola Universidade de La Laguna e o Instituto Oceanográfico Woods Hole, que estuda o método en que os caldeiróns e os zifios ou baleas bicudas se reparten en torno ao arquipélago canario, ao parecer en función do alimento.

O efecto dos sonares militares sobre estes cetáceos débese ao feito de que estes animais guíanse por imaxes acústicas e utilizan ecosondas para alimentarse. O ruído extremo dos sonares podía obrigalos a subir á superficie cunha rapidez excesiva, o que provocaría a aparición de burbullas no seu torrente sanguíneo, como as que se teñen observado nalgúns exemplares varados. En 2004 a OTAN e o Ministerio de Defensa firmaron unha moratoria para non utilizaren sonares nas manobras militares.

O estudo da Universidade da Laguna tamén analiza o ambiente acústico e químico das augas nas que viven estes cetáceos: o litoral de El Hierro no caso das baleas bicudas e o sur de Tenerife no dos caldeiróns. As primeiras son segundo Aguilar unhas augas "sumamente limpas", o que resulta esencial para o correcto desenvolvemento das colonias de cetáceos. Os caldeiróns, porén, están rodeados de embarcacións, tanto recreativas como de observación de animais, que inflúen negativamente no seu hábitat.


3,75/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: