ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Nunha xuntanza coa entidade

Feijoo promete ensinarlles aos académicos da RAG o decreto do galego antes de aprobalo

O presidente do Goberno tamén lles garantiu que a institución será o referente na "promoción e a defensa da lingua".

Redacción - 14:30 17/06/2009
Feijoo na xuntanza coa delegación da RAG, esta cuarta feira

Feijoo na xuntanza coa delegación da RAG, esta cuarta feira

Esta cuarta feira o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, xuntábase cunha delegación de membros da Real Academia Galega (RAG) -encabezada polo seu presidente, Xosé Ramón Barreiro-, nunha entrevista na que lles garantiu o apoio total do Goberno á institución, como "referente na promoción e defensa da lingua".

Alén diso, Feijoo expúxolles aos académicos a súa vontade de "recuperar o consenso político e social en relación coa lingua", contan dende a Xunta. O presidente galego tamén lles prometeu aos membros da RAG que eles van ter nas súas mans no novo decreto sobre o galego no ensino, antes de que este sexa aprobado definitivamente.

Nesta liña, Feijoo quixo insistir no "compromiso do Goberno co labor da Real Academia Galega, co que significa e co que representa", e lembrou, como exemplo disto, que todo o Executivo estivera o Día das Letras, "por primeira vez na historia".


1,55/5 (22 votos)


Comentarios (47)

EVAZSOU #1 17/Xuño/2009 EVAZSOU
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

Se os Acadêmicos da RAG colaboram nesta destruição programada do galego não merecem nenhum respeito: nem inteletual, nem moral, nem humano... mesmo diria que ofendem a memória dos seus fundadores e mais destacados membros e troçam do que representa a sua missão e testemunha o seu arquivo e biblioteca...

Ernesto Vázquez Souza

sursumcorda #2 17/Xuño/2009 sursumcorda
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Que vergonza... Agora adicados á promoción. Pero que saben disto os académicos? Que vai facer o Ángel/Anxo Lorenzo/Lourenzo? E para que lles vai mostrar o decreto se os vai calar con money? A promoción e defensa da lingua será a mesma que fixeron algúns dos seus, aínda, académicos non numerarios? Para máis señas, é de Ferrol e calounos 40 anos. Véxase http://www.realacademiagalega...

Bradomin #3 17/Xuño/2009 Bradomin
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Mais que o decreto, gostaríanos saber o valor do cheque que o acompaña....como nas "rescisións de contratos?"

aovellaquemira #4 17/Xuño/2009 aovellaquemira
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Já o disse o Barreiro em Láncara: esta legislatura será um fito histórico para a nossa cultura e língua (o ponto de não retorno da agonia, acho).

E acrescentou que, se calhar, ao melhor o PP põe mais dinheiro na mesa.
Que é o que importa: cada foto há que pagá-la. O aberrante é que o dinheiro não é só pelo silêncio e a colaboração da Rag, senão pelo apagamento da nossa língua que vai no pacote. A Feijoo e a GB isto é o que lhe importa. A Barreiro o que não, com tal de que haja euros avondo.

acarondosil #5 17/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Xa sabemos que a RAG se vai enterar antes ca ninguén das malas novas. Pero, esta delegación que visitaba o presidente, a que ía concretamente?

acarondosil #6 17/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +13 Negativo]

O presiidente díxolles que quería recuperar o consenso social. Coa Academia moito conflito nunca tivo.

Jurjinho #7 17/Xuño/2009 Jurjinho
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

SIPAIOS!!!

Caotinha #8 17/Xuño/2009 Caotinha
[Valora este comentario Positivo +11 Negativo]

Isto cheira que fede.
Se a RAG fosse um ente dinâmico na defesa da língua, o Feijó não se reuniria com ela.

placidinho #9 17/Xuño/2009 placidinho
[Valora este comentario Positivo +10 Negativo]

Passo-vos dous vídeos de duas palestras sobre este tema do linguistica, uma em Barcelona e outra em Vigo, do linguista Juan Carlos Moreno Cabrera, castelhano, castelhano-falante e residente em Madrid.

Se vos parecem bem, por favor faze-los chegar à RAG, Xunta, GB, Voz, etc. por ver se vaam aprendendo algo de sentidinho comum.

http://www.youtube.com/watch?v...

http://tv.uvigo.es/video/5502

placidinho #10 17/Xuño/2009 placidinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Perdão polas gralhas e palavras repetidas no meu comentário anterior.

acarondosil #11 17/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +12 Negativo]

Todas estas fotos e reunións teñen, dáme a impresión, ou buscan un efecto non moi ben intencionado.

Cando moitas asociacións, organizacións, colectivos,...están protestando duramente polo que se quere facer coa nosa lingua, esta foto intenta darlle a razón ao goberno. É algo así como dicir, vedes, non somos tan malos para a lingua galega, xa que nos reunimos coa RAG e somos tan amigos. A non ser que a RAG nos diga que lle cantou as corenta ao presidente, temos que pensar que non lle desgustan moito os plans que ten para a nosa lingua.

Xarope #12 17/Xuño/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

- "Feijoo promete ensinarlles aos académicos da RAG o decreto do galego antes de aprobalo .."

Ahhh! Agora já fico mais tranquilo !!

:bbbb

fuco-lois #13 17/Xuño/2009 fuco-lois
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Feijoo es un acomplexado con un aotomoxo que non te lambes. Panda de FEIXISTAS!

pedrochosco #14 17/Xuño/2009 pedrochosco
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

http://www.elcorreogallego.es/... e asina con GB, e logo ensinallo a estes,se non fose de pena darian ganas de rir..
Saudos

Reflexivo #15 17/Xuño/2009 Reflexivo
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Se o país fora normal, a directiva da RAG diríalle:
1º que retirar a proba de galego nas oposicións vai en contra do coñecemento desta lingua pola Administración. Debía afearlle que unha das poucas decisións da Xunta teña sido esta.
2º que a enquisa da Consellería de Educación é unha aberración, para levala adiante comunicaron a prohibición de expresar a súa opinión e isto é de épocas dictatoriais.
3º O gasto en publicidade das enquisas (en galego e castelán en contra do que viña facendo a Xunta) é un insulto e un despilfarro.
4º Que a RAG non pode volver a sair defendendo o indefendible e que non os volva a poñer nesa tesitura, que non quere (a RAG) camiñar cara atrás no seu desprestixio.

atenea #16 17/Xuño/2009 atenea
[Valora este comentario Positivo -9 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hermerico #17 17/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Atenea, o foro de GB nom é aqui

maragota #18 17/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +9 Negativo]

Atenea, pódesnos explicar, entón, o seguinte titular? "A Consellería de Educación elimina a posibilidade de que as nais e pais elixan a lingua galega en Infantil"
Para máis información:
http://www.stegsindicato.org/s...

maragota #19 17/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#16: As eleccións non puideron referendar política lingüística ningunha, como moito certas medidas incluídas no seu programa electoral. Ese mesmo programa entra en contradición con promesas que foi improvisando en distintos mitins, en función do público que tiña diante.

jujolor #20 17/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

http://www.youtube...

sempre en galiza
nom poderan cos galegos e o galego

joseantonio #21 17/Xuño/2009 joseantonio
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Que presidente tan bó. Antes de facer algo consúltanos. En todo?. Está co medo no corpo por a lea que montou sen axuda de ninguén.
Agárrase a todo canto pode. Vai listo de agora en diante ¡¡¡. Menuda imaxe de goberno está dando ¡¡¡. Saberá que quen goberna é él?.

Criselda #22 17/Xuño/2009 Criselda
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Todo este asunto é unha vergoña encabezada pola publicidade en dous idiomas sobre esa enquisa. ¿Custa máis ou menos que as cadeiras de Touriño? ¿Por que poñen Xunta na parte do castelán? ¿Canto tempo vai tardar a Xunta en se chamar Xunta/Junta?
¡Que noxo!¡E que o país soporte todo isto!
Nunca así mexaran antes por nós. E seguimos a lle chamar chuvia.

afervenza #23 17/Xuño/2009 afervenza
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pois te imos aviados si agardamos que a RAG se nos mov / b ilice por el ghallego ese.
Te estarán desexando que volte el defuntiño numerario para aponer todo en su lugar.

Arg! Que lle fagan xa o enterro á lingua con cincuenta bispos e algúns cardeais turrando do botafumeiro a treu pero que non nos agoníen deste xeito tan insultante.

jujolor #24 17/Xuño/2009 jujolor
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

http://www.youtube...

atenea #25 17/Xuño/2009 atenea
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



maragota #26 17/Xuño/2009 maragota
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Atenea, demagoxia sabemos facer todos. Eu estou a agardar que respondas á miña pregunta de #19. Que problema hai coa inmersión en galego por decisión dos pais? Por que hai que retirar eses programas?

Roi_Ourense #27 17/Xuño/2009 Roi_Ourense
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

E a RAG calou tan tranquilamente? Que noxo... Cando menos agardo que a Feijoo non lle fixese graza ningunha o comunicado aquel do Día das Letras feito pola RAG; comunicado no que, por unha vez na vida, saída da boca da RAG algo de mediano interese e de defensa da lingua e da nación...

KdL #28 17/Xuño/2009 KdL
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Mandade as vosas queixas a:

http://www.realacademiagalega....

REAL ACADEMIA GALEGA

Tabernas, 11

15001 - A Coruña

Teléfono e fax: 981 20 73 08

Apartado de correo 557

presidencia@realacademiagalega.org

secretaria@realacademiagalega.org

arquivo@realacademiagalega.org

biblioteca@realacademiagalega.org

hemeroteca@realacademiagalega.org

lexicografia@realacademiagalega.org

museo@realacademiagalega.org

Horario de atención ao público: de luns a venres de 9 a 14 e de 16 a 19 horas, excepto festivos, mes de agosto e do 24 de decembro ao 2 de xaneiro, en que permanece pechada.

Reburro #29 17/Xuño/2009 Reburro
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Atenea loirinha, onde crias a tua opiniom?, estás a defender mentiras e incertezas como se forem verdades. Poderias te perguntar porque crês como certas as mentiras nas que se basea o teu discurso.
Se a verdadeira Ateneia levantasse a cabeça!

afervenza #30 17/Xuño/2009 afervenza
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#25

De qué imposición estás a falar, atenea?

As políticas que se pretenden levar a cabo forzan unha situación sen saída e instauran un falso concepto de liberdade "a la carta" que é irreal.

Para comprender isto chega con saír á rúa, ter orellas e empregalas, ter un ollar despexado e argumentar cunha chisca de base.

Deixo para a seguinte reunión a profundización sobre o concepto de "democracia".

atenea #31 17/Xuño/2009 atenea
[Valora este comentario Positivo -11 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galilea #32 17/Xuño/2009 galilea
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

Atenea, acaso pareceche ben que un funcionario estea atendendo a un publico cuxa lingua non coñece ben? Alguns parece que queredes ver os dereitos dos funcionarios por encima dos dereitos dos administrados que pagamos cos nosos impostos o seu soldo.

ecoe #33 17/Xuño/2009 ecoe
[Valora este comentario Positivo +7 Negativo]

Por suposto que ten que dominar, e moi ben, a língua do país onde habita ou no que desexa se instalar. Vaia a Bélxica e fálelles galego (ou mesmo castelán), ou outro idioma calquera, OBVIAMENTE non propio do país, que lle han entender, e sobre todo, aprobar probas selectivas de persoal ou oposicións!!.

Conózolle persoas vindas da Extremadura, p.e., -varias- que adeprenderon a falar galego moi correctísimamente. Ónde o problema?

Faga caso do que lle falan máis arriba, sobre lingüística: en especial no #9. Non está ben opinar sen máis contraste de opinión, pois trátase de un medio ó público, como sabe.

Herme: disimule o erro.

Xarope #34 17/Xuño/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Seica os freaks galegófobos-galegoparlantes vam queimando nicks e renovando-os no seu intuito de nos fazer crer que som muitos: Raimundo, Atenea, ...

(já podiam ter mais um pouco de gosto para "elixiren" os nomes, porque olha que som horteras todos.. !!)

Xarope #35 17/Xuño/2009 Xarope
[Valora este comentario Positivo +8 Negativo]

#31 Atetonta,

manda caralho! o mundo do revés: os cidadãos ao serviço do funcionário .. !!!

Ide ranhar o cu à via com as vossas panocadas, anda!!!

luaminguante #36 17/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

por moral ,por ética,por calidade persoal ,por repecto ás culturas,as persoas, so por iso ningún funcionario (e non funcionrio) en Galiza debería ter a vergoña de non saber galego.
pero si se fixeron as leis foi porque non sempre o que debería saír de nos de forma natural, sae;por iso:O GALEGO,DEREITO E DEBER!!!!!!!!!!!!!!!!! xa dunha vez por todas

luaminguante #37 17/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

28
acabo de mandar a miña queixa.so puxen SIPAIOS (pero moitas veces)

teixugo #38 17/Xuño/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

http://img38.imageshack.us/img....

LUTEMOS PELA CAIDA DO RESTO DO IMPERIO!!

teixugo #39 17/Xuño/2009 teixugo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

http://img38.imageshack.us/img...

acarondosil #40 17/Xuño/2009 acarondosil
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Esperemos que a RAG lle cantase as corenta ao presidente porque se non foi así, non quero nin pensalo. Sería triste, que triste, sería moi cabreante.

Se a visita ao presidente foi unha mera visita cordial, sen ningún contido reivendicativo duro, sería unha falta de sensibilidade e consideración sen nome por parte da RAG para con toda a xente que nos últimos días estivo preocupada e enfrontádose con quen fixese falta para defender a nosa lingua. Non quero nin pensar que a RAG lle estea facendo o xogo aos nosos gobernantes, mentres o pobo loita pola lingua. Por iso, para evitar dúbidas, xa está a RAG dicíndonos que lle pediu ao presidente, porque de non ser así xa é mellor que os reciba en conxunto con GB.

luaminguante #41 18/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

acaron
non te fagas ilusións;nos tempos que vive o galego é millor non soñar presentes bonitos (iso non quita soñar con futuros fermosos para a nosa lígua,pero serán outros tempos,con outros gogernos,outra RAG,e cun pobo xa ceibe de complexos)

Gaias #42 18/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

GB, RAG, PP... son todo o mesmo: traidores e inimigos da lingua galega.
O presidente da RAG o dia das letras galegas no lugar de esta na manifestacion defendendo o dereito dos galego-falantes a vivir en galego estaba reunido con quen fixo campaña durante 4 anos contra a lingua galega e ameaza con derogar o decreto do galego (favorecendo asi a plataformas galegofobas da extrema dereita).

Gaias #43 18/Xuño/2009 Gaias
[Valora este comentario Positivo +6 Negativo]

O "galeguismo" amosase con feitos, non con discursos ou fotos Sr. Feijoo.
Galeguismo garantindo a presenza do galego no ensino, medios de comunicacion, empresas, xustiza, oposicion a funcionarios,etc.

Hermerico #44 18/Xuño/2009 Hermerico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

42 sim, e acompanhado do palhaço esse do Ferrim

basteira #45 18/Xuño/2009 basteira
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Boto en falta que non lle pida opinión á sociedade de canaricultura, en concreto o canario do bar onde tomo o café parece estar moi interesado en calquera cousa que pasa. Mira con tanta atención... O outro día apareceu o noso presidente na tele, todo xeitoso coa idea do seu decreto, e deulle por piar o Réquiem de Mozart. Para que logo digan que os canarios cantan por cantar.

luaminguante #46 18/Xuño/2009 luaminguante
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

basteira
os canarios non cantan por cantar
pero o de eseñar o decreto é enseñar por enseñar(puro exhibicionismo)porque para pedir opinión non creo que sea

ichavinho #47 20/Xuño/2009 ichavinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#31 Claro que fagan a oposicións no idioma que queiran,como se as fan en xapones;vai ti a facer unha oposición por exemplo en extremadura veras canto che puntua ser galega;Canto autoodio e canta incultura

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: